
Este ano, como hai crise, a cesta de Nadal da empresa vén máis lixeira e, en troques do xantar cheo de zamburiñas feitas de tódolos xeitos coñecidos; houbo un ágape nas instalacións da Torredocaminho. A comida non foi copiosa pero o xamón estaba delicioso e o queixo curado tamén. Probei o viño Triskel dunha adega famosa en Arbo e o viño escumante de moscatel feito en Valencia de marca Reymos.
Só espero que para o ano non haxa crise e se poida repetir todo e con máis abundancia.
Pois nada, que aproveite a pesar de todo :-)) e que se cumpran os teus desexos, que sería bo para todos.
ResponderEliminarQue pasedes un bo Nadal.
Apertas
Imos acabar todos cebados coma o porco de San Antón, con tantas cuchipandas (con crise e todo).
ResponderEliminarApertas dende a Chousa
Iso esperamos todos, que os brotes verdes aparezan por onde queira que sexa. Canto ao ágape, se o pasou ben e o xamón estaba bon déase por contento; eu este ano espero safar de novo da cea do traballo.
ResponderEliminarPois con crise ou sen ela as comilones seguen, así que a desfrutalas-
ResponderEliminarBicos
As ceas siguen. Eu este venres tiven a da empresa, que por segundo ano fixose na casa do xefe (Iso si que debe ser crise...), pero ó ir a tomar uns cacharros alucinei coa de xente que había. Cantidade de pandillas, que coma nós viñan celebrando a festa.
ResponderEliminarO importante é pasalo ben, e que mellore a situación.
parece que quedaches con fame!
ResponderEliminar:-)
pero se había xamón e queixo bos, e viño aínda mellor aínda...
compaña e conversación, non se pode pedir máis!
Uff! o noso tamén foi un agapé deses logo, feito no centro de traballo e preparado por un dos cociñeiros do mesmo centro, e nada de xamonciño e eses luxos..a crise que nos apreta , parece ser.Aínda así non hai queixa, pasámolo pipa!
ResponderEliminarBicos!
É mellor pouco a nada ;) este ano o aguinaldo por aquí tampouco foi gran cousa mais en algo axuda!
ResponderEliminarFelices festas!
Sorte tes,eu levo tres anos sin cesta,tamen traballei nunha empresa que nunca deu nin da,xa que sempre decian,os xefes,que non estaban obligados e con a paga extra xa era suficiente,que a difrutes coa tua familia.
ResponderEliminarO importante neste caso é o feito, porque xa sabes que en moitas empresas non dan nada. Así que a gozar dela...
ResponderEliminarPola miña parte, téñovos gardado un almanaque e dous marcapáxinas. A ver se quedamos para a semana (xa sabes que Noite Boa e Nadal imos onda as familias). Apertas e Bo Nadal.
Felices festas! desexámosche todo o mellor para ti e a túa familia neste ano 2010
ResponderEliminarSinto non ter chegado antes.
ResponderEliminarDe todos os xeitos, deixo meus mellores desexos para as festas e o Aninovo.
Bicos.
Bo Nadal......
ResponderEliminarPor certo, atopei noutro libro de vellas fotos, unha, non varias que seguro vanche gustar, sobre xogos de rapaces- "O Pinche carneiro " o chamaba eu .¿Sabes como é?.
MEllor mandoche as fotos, cando poida, Non che apures que non me esquezo.
Unha aperta
Que pasaes unhas boas festas aínda que sea sen zamburiñas. Apertas
ResponderEliminareso, o que di suso
ResponderEliminar:-)
Unha aperta de Nadal para vos!!!.
ResponderEliminar:)
Vaia! Mira a quem temos aqui, ao "demócrata" que lhe molestam os locais nacional-socialistas.
ResponderEliminarEu sei doutro par de locais no Porrinho que som "comunistas" e "capitalistas", queres denunciâ-los aqui também?
Sangue e Terra!