Páxinas

mércores, 13 de xaneiro de 2010

Cantinela das primeiras letras


O Leo está a aprender a ler as primeiras letras e sabe ordear as do seu nome. Agora teremos que xogar con cada vez máis letras e que vaia millorando. Se non soubese ler cantaríanlle por todas partes " AEIOU borriquito como tú que no sabes ni la U " pero por Arbo din doutro xeito que eu descoñecía e que habería que recuperar para o galego: " AEIOU se non sabes vouche ao cu ".

10 comentarios:

  1. ei paideleo:

    Gárdame ese libro oh!!!

    Estes días ando tan liado que nin sequera tiven tempo de enviarche o enderezo.

    A ver se hoxe pola tarde.

    Apertiñas

    ResponderEliminar
  2. É bo que tamén aprenda en galego.
    Bicos para Leo por ser tan aplicado.

    ResponderEliminar
  3. Jeje, como escoite isto meu socio Beni, non sae de Arbo...

    Agora é cando empezan coas letras e a colorear. Espero que teña máis paciencia ca miña, que o pintar ponse nerviosa e acaba embadurnando todo.
    Apeertas

    ResponderEliminar
  4. Que rápido aprende o Leo! Eu tampouco sabía o do "AEIOU".
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Tédeslle que mercar letras soltas! de imán, de madeira,... hanlle servir para moooito tempo :)
    De de aquí a que comece a escribir o seu nome va pasar nada, xa verás :D

    biquiñosss

    ResponderEliminar
  6. A miña, que empezou coas letras moi cedo, sabe xa ler perfectamente (con certeza mellor que algúns alumnos meus de secundaria); agora estoume acostumando a que me revise os libros que leo e me faga recomendacións dos que lle gustaron a ela.Etapas

    ResponderEliminar
  7. Aghora vai ser neghra! Se xa lle gustaban os contos en canto lea verás...
    O recitado coñecíao na versión: "AEIOU, catro azoutes no teu cú"

    ResponderEliminar
  8. eu o recitado non o coñecía.

    como vai medrando o leo; agora que xa fixo a descuberta de todos os miragres exteriores e cotiáns,
    comenza a descuberta de sí mesmo tamén,
    a sorprenderse coa sua entidade de leo.
    todo moi bonito para vivir,
    paideleo

    ResponderEliminar
  9. Saúdos meu
    xa me gustou isa canción a ver si a lembro nuns anos.

    ResponderEliminar
  10. Si si, mercádelle letras como di Meninheira; así non escribirá polas paredes...

    ResponderEliminar

És humano ti ?