Páxinas

xoves, 7 de xaneiro de 2010

O " Bebopurrela "


Cando vou a Arbo paso por este camión de gaseosas abandonado e non podo evitar pensar no camioneiro " Bebopurrela ". Este rapaz traballaba para a Torredocaminho e un día ata falei dun accidente que tivera. Pero diso xa choveu un pouco e a el tamén lle chegou a famosa crise e agora está cun camionciño repartindo bebidas para bares e de aí que o lembre eu cando miro este camión. O " Bebopurrela " caiume sempre ben porque é de mente positiva e leda e ten un sorriso imposible de borrar. Os accidentes e as crises non poden co el. Conserva a simpatía e conta historietas e " paridas " con humor. Sempre canta e dálle un xeito pero o máis simpático é que inventa letras e de aí que eu lle chame " Bebopurrela ".
E agora vou resolver o misterio da nomeada que lle puxen ligando a canción que el cantaba e titulaba " Bebo purrela ".

Xente así nunca está de máis !.

7 comentarios:

  1. Pois si que hai pouca xente así... a todos nos viría ben unha pizquiña de esa positividade nestes tempos!

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Amigos asi son os que che alegran o dia.

    Que non pases frio

    ResponderEliminar
  3. Xente coma o Beboporrule non está de máis nin tampouco quen nos lembre estas historias que emanan tenrura e humor.
    Moitas apertas e bo ano.

    ResponderEliminar
  4. Je,je, "Bebo purrela", moi bo. Haiche que ter humor nestes tempos que corren, senón estamos apañados.

    Unha aperta, e sorte para este ano

    ResponderEliminar
  5. as cousas como nos levan as persoas. as asociación de ideas son difíciles de desfacer.

    cando eu era unha nena soaba moito unha canción de los 3 sudamericanos, que se chamaba cartagenera,
    para mín que dician:

    cartagenera, morena,
    en mi recuerdo, verdura"
    se ben é certo que sempre me chocou que meteran a verdura alí que non viña a conto de nada, pero se non sabía o que era "perdurar" tamén vai tí saber qué cousa era iso de "cartagenera"

    ResponderEliminar
  6. Jajaja, pois mira que a cancionciña esa xa traicionou tamén á rapaza loira esa que se lle foi a pinza cantándoa e lle puxeron a "Poyeya".

    (O bebopurrela vai que nin pintado co meu slogan de up the cuiño...)

    ResponderEliminar
  7. ¡Ben por ese rapaz!. É certo, "xente así nunca está de mais".
    Vai moito frio.
    Bicos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?