Páxinas

venres, 22 de xaneiro de 2010

Visente


Tal día coma hoxe hai vinte e un anos Visente convidounos polo seu santo a tódolos compañeiros de traballo a pasteis e viño. Visente tiña un sorriso perenne e as pernas enquerquenadas. Os veteráns dicían que andaba así debido ao tamaño das súas partes e el non dicía que si nin que non. Os novatos eramos mui infantís ( podes imaxinarme con vinte e un anos menos ) e faciámoslle preguntas tontas ao boafé do Visente. El respondía sen abandoar o sorriso cunha resposta máis tonta que a pregunta que xa era dicir. Lembro dicirlle nunha ocasión: " - Visente, o outro día miráronte debaixo do puente de Rande. Que facías alí ? ". E el soltou sen pensalo: " - Debaixo do puente de Rande ?. Estaba a cazar coellos ! ". E eu rin coma un parvo.

Na foto da illa de San Simón que me lembra a Visente hai unha estatua algo fálica e a ponte de Rande: coto de caza de coellos.

8 comentarios:

  1. encantoume a anécdota.
    a foto é bonita, e mira tí, como grazas a esas asociacións de ideas, visente non se che aparta da ponte de rande

    ResponderEliminar
  2. ! ALEGRATE! O GALEGO DE SIGNOS SÌ EXISTE
    Bicos
    A.Cris

    ResponderEliminar
  3. Abofé que non hai moitos personaxes como Visente e é unha mágoa.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Bonita anecdota!
    Hai xente especial polo mundo que merece a pena ser coñecido.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. Neste enlace tes o conto de xandre en galego de signos... e máis:
    http://www.contosdexandre.net/sen_sombra/menu.html

    ResponderEliminar
  6. Encantoume o conto, pro moito máis a maneira de contalo. Lembrabame en certa maneira aquelas Cousas de Castelao que sempre acababan arrincando un sorriso enorme dunha anécdota que podía parecer pequena.

    ResponderEliminar
  7. Cada un caza onde pode, e o Visente atopou o seu TECOR particular. Nada de malo.

    ResponderEliminar
  8. zeltia: graciñas por todo. Visente merece este posteo e máis.

    abueloscrisytoño: é bo sabelo. Agora toca aprendelo.

    fonsilleda: máis ben hai antivisentes que fan este mundo máis triste e cruel.

    Bolboreteira: graciñas. Eu penso que todos damos para boas anécdotas nalgún momento da nosa vida.

    mamiago: graciñas.

    xenevra: vaia, non quero compararme con Castelao así que agradezo este piropo.

    kaplan: tamén cazaba coellos en Vietnam pero non teño fotos dese lugar.

    ResponderEliminar

És humano ti ?