Páxinas

luns, 15 de febreiro de 2010

Entruido tradicional para o Leo


Onte Leo, avóM, paideleo e naideleo vestíronse de entruidos e foron a tres casas de veciños. Conseguiron dez euros e podían levar orellas comidas no bandullo pero non quixeron. Asustaron en dúas casas onde os donos fecharon a porta con chave pero despóis riron tanto os entruidos como as vítimas.

15 comentarios:

  1. Arrepíos dá mirar a foto: o Leo está auténtico (sen desmellorar os máis)!

    ResponderEliminar
  2. Os choqueiros sempre foron o mellor do entroido, alédome de que nalgures (en vilaguindastre) segase a manter a tradición. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar
  3. Eu ao millor, hoxe.
    Leo moi ben, os outros dous... je je
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. vaia, fixéchedes a tarde.

    biquiños,d

    ResponderEliminar
  5. XA queda pouca xente que practique a tradicion de ir polas portas no Entroido. Digamos que falta imaxinación... Ou ganas de facelo.
    Estades auténticos, como ben di Kaplan.

    ResponderEliminar
  6. Dábades algo de medo!
    Qué divertido, eu iso faciao de pequena cos meus primos e veciños,que ben o pasabamos.
    Gústame o entroido.
    bicos

    ResponderEliminar
  7. Dalhe de comer a Leo que está quedando nos osos.....jejejeje
    Moi chula a foto e, por suposto, tamén a tradición. Apertas!

    ResponderEliminar
  8. Iso é o que boto en falta no entroido: estades de medo!
    E dá verdadeiro "medo" o burka que leva avoM (porque supoño que é o de negro, polas mans, non?)
    A ver se para o ano orghanizamos algo.

    ResponderEliminar
  9. Pois si, nadiña como o entroido tradicional e botar unhas risas en boa compaña :)

    O Leo xa vexo que lle gusta a tradicion :)

    Biquiños

    ResponderEliminar
  10. e que o leo da moito medodediós!!!
    jajaja

    xa non me lembraba desa tradición de ir polas casas!

    ResponderEliminar
  11. Aqui tamen os rapaces conservan ainda o costume de ir pola noite, de cada en cas, pedindo...hoxe cartos, antes melindres, dulces...etc.

    ResponderEliminar
  12. Seguro que o Leo disfrutou moito mirándovos a vos desa guisa.

    ResponderEliminar
  13. Pois en vez de medo debuxástesme un sorriso. un sorriso de añoranza e de futuro. ogallá que estas tradicións nunca se perdan.

    estabades de medo :P:P:P

    ResponderEliminar
  14. hahahahaha non tedes sentidiño ninghún!! hahahahaha

    ResponderEliminar
  15. Kaplan: pois algunha veciña asustouse e todo,non creas.
    An: a que si ?. A foto foi en Arbo pero en Vilaguindastre tamén hai.
    fonsilleda: diso se trata, de tapar a cara con calquera trapo.
    Aldabra: rimos un cacho que é o que importa.
    A nena do paraugas: supoño que será no rural e supoño que seguirá sendo así.
    Bolboreteira: a iso iamos. Gustoume lembrarche outros tempos.
    vintxuca: é o que máis me gusta do entruido.
    Eva G. Rei: o burka é a capa do Leo que non quixo levar e eu era o de negro.
    Merce: diso se trata. Non creas que o Leo foi mui contento pero foi.
    zeltia: o Leo estaba simpático. Alédome de lembrarche este costume.
    Angel Utrera: agora a xente dá máis cartos que lambonadas.
    Chousa da Alcandra: eu pensei que se ía asustar do avó que apareceu disfrazado por sorpresa pero levouno ben e ata quixo disfrazarse !.
    xenevra: eu seguirei se non cambian as cousas.
    meninheira: nin falta que fai !. Xa está o resto do ano para ser adultos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?