Páxinas

venres, 5 de febreiro de 2010

Old chap, viejo amigo.


Seguindo coa viaxe das palabras quero mencionar o caso de " chap " que en inglés significa amigo. Para chegar a esta palabra hai que remontarse ao éuscaro !. De " txapar "( pequeno ) derivou a palabra española " chaparro " que pasou a designar os matos de herba pequenos. Esa palabra chegou a Texas da man de gandeiros mexicanos e con ela unha invención para os vaqueiros que tiñan que pasar dacabalo rozando milleiros de " chaparros " espiñentos. Para evitar as súas rozaduras crearon a " chaparrera " ou " chaparejo " que son unhas fundas de coiro para as perneiras. Chegaron os estadounidenses e incorporaron esa palabra ( como " rodeo ", " lasso " e outras máis ). A palabra " chaparejo " acurtárona a " chap " e de aí pasou a definir amigo da alma, bó amigo porque tanto un bó amigo coma un " chap " van pegados a nós e sálvannos de problemas.
Na foto retrato uns xenetes negros porque tés que saber que a maioría dos vaqueiros reais eran negros e mexicanos.

8 comentarios:

  1. Interesante aportación sobre a evolución da palabra. Nunca se me ocurriría a min, rebuscar os orixes de algunha palabra.

    Unha aperta "chap".

    ResponderEliminar
  2. Pois sí que deu ben voltas a palabriña esa.
    Curioso o dos vaqueiros, moi desinformados nos ten o cine.

    ResponderEliminar
  3. Ben interesante Paide, o teu comentario de hoxe. Non o sabía.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Fíxate ti, que de pequeno chegamos a grande amigo. Que malabares fai a maxia das palabras cando van pasando polos distintos matraces de cada colectivo humán...

    Apertísimas

    ResponderEliminar
  5. como me encantan estas historias das palabras...
    en xeral gústanme as historias,
    e mesmo a historia!

    ResponderEliminar
  6. Pois si que é interesante.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Carlos Sousa: buscar o significado e a orixe dunha palabra sempre me gustou e topo historias curiosas.

    F. Míguez: deu, si. O dos vaqueiros, como doutras cousas, veñen da man dese mundo de fantasía que nos chuzan como queren.

    fonsilleda: eu sabíao pero non dou topadoligazóns que confirmen o que digo.

    Nébeda: graciñas pero non é invento meu. Eu só o reflexo no meu blogo.

    Chousa da Alcandra: é inherente á especie humana: non podemos evitar darlle connotacións propias a unha palabra e seguindo a cadea o que é pequeno pode ser grande.

    zeltia: coincido contigo. A maior novela escrita está dentro dun dicionario.

    Dilaida: alédome que o topes interesante.

    ResponderEliminar

És humano ti ?