Onte puiden ir á presentación do libro " 55 mentiras sobre a lingua galega " en Ponteareas. Cheguei cedo e tiven tempo para tomar un café en " El troll ", un bar cheo de obxectos norteamericanos. Na entrada da biblioteca estaba, oh sorpresa; o fotógrafo profisional que me persegue. A sala encheuse e houbo xente que tivo que seguir de pé a charla de Benito Romero ( no centro entre Verónica e Alberte ). Falou da invasión colonizadora da lingua castelá nestes últimos cincocentos anos e de como conseguiu infravalorizar o galego entre a maioría da poboación. Despóis houbo algunhas preguntas por parte do público e fixéronnos a foto de familia cun melindre de Ponteareas na man. Houbo viño con etiquetaxe en castelán e nada de Galicola. Coñecín personalmente a Carlos Sousa e falamos un chisco, o chisco suficiente para quedarmos sen libro que trouxeran poucos. Marchou Carlos á súa vida e logo tiven que marchar que tocaba traballar de noite.
En fin, gustoume coñecer persoalmente a Carlos, cazar ao fotógrafo, mirar caras coñecidas de Vilaguindastre e envolverme do ambiente garimoso dunha xente con ideas parecidas ás miñas.
Unha mostra máis do que une a lingua!.
ResponderEliminarFinalmente Ponteareas tivo a súa presentación do libro de ProLingua. Alédame ben.
(O libro podes atopalo nas librerías, pero se tés algún probleme escríbeme, que cho mando eu. Será un pracer.)
Qué é iso do fotógrafo que fiquei coa curiosidade :D
ResponderEliminarbiquiñossssss
Asi mesmo foi, puxémonos de leria e cando nos demos conta quedamos sen libro.
ResponderEliminarUn pracer coñecerte, lástima non tivera máis tempo para charlar. Outra vez será.
O sábado recorrín tódalas librerías de Ponteareas e non atopei o libro. Seica para a semana.
Unha aperta
¡Ben!.
ResponderEliminarEu tamén buscarei o libro.
Se non o atopo, xa sei a quen pedirllo. Quedou ben clariño.
Bicos.
Eu estaba fora do Condado,pa semana espero que o axa nas librerias,quen e o fotografo que te persegue?,eres tan famoso pa que anden de tras tua?.
ResponderEliminarMañan se estou co Sousa xa lle preguntarei.
Saúdos
que ben, outro éxito na presentación!
ResponderEliminare ademáis qué nivel, con viño e todo,
iso sí son maneiras de facer as cousas!
caras coñecidas, e caras novas que pasan a ser coñecidas coma o do Sousas!
:-D
eu tamén me uno a curiosidade xeral suscitada polo tal fotógrafo
Por certo, roubeiche a foto, non hai problema, non?
ResponderEliminarUnha aperta
Certamente as cousas boas fanse esperar e, aínda que non houbo galicola :(, vese que estivo xenial. E agora nós mort@s de envexa porque xa vos coñecedes... Iso si, quedastes sen libro (hehehe), e que estes homes cando se poñen falar!!! Eu aínda non o teño porque os que tiña regaleinos. acabo de traerlle un a unha amiga catalá que non puido ir á presentación a Barna. Non ahberá problema en conseguir máis e, senón, facemos un blog esixindo unha segunda edición xa!!
ResponderEliminarbicos de entroido
Chousa da Alcandra: a lingua e a interrede logra estes case miragres.
ResponderEliminarmeninheira: nada,unha tontería miña. É un fotógrafo profixsional de aspecto sudamericano que está en todas as celebracións, festas e eventos da zona e que o topei no cocido do Covelo o outro dá e este en Ponteareas e así varias veces.
Carlos Sousa: foi como foi. A ver se topas o libro por aí.
fonsilleda: o libro aclara alguns conceptos sobre a relación español-galego.
BRABIDO: o asunto do fotógrafo xa llo expliquei a meninheira.
Sorte coa busca dolibro.
zeltia: estivo ben o viño e os melindres. Eu non contaba con iso así que me gustou a sorpresa.
Carlos Sousa: xa sabes que non. Perde cuidado.
xenevra: estivo todo ben anque trouxeron poucos libros para vender, penso eu.
Eu teño un e o que pensaba mercar era para regalar.