Páxinas

martes, 16 de marzo de 2010

O xogador das mandarinas


O outro día andei a fotografar casas que vai tirar o AVE ao seu paso por Vilaguindastre e lembrei un acontecido que vivín nun bar que había no baixo da casa da foto. O conto foi hai máis de vinte anos e eu era novo e daquela andaba como quen di a dúas velas, sen cartos. Topei cun amigo e díxome que no bar había un home que convidaba ás consumicións coa condición de xogar ás cartas co el e alá me apuntei eu. Presentoumo e sentamos os tres a xogar ao subastado.O tal home pediu un cubata para el e para nós cervexas. Botamos un tempo xogando ás cartas e o xogador só facía chimpar glorios ou chanqueiros, fumar e comer mandarinas que tiña nunha prata sen perder a concentración nos puntos e nas cartas que saltaban á mesa. Todo ía ben ata que o meu amigo fixo un renuncio sen querer e botou unha carta que non correspondía. O xogador encendeuse e púxose a berrar e deu por rematado o xogo todo encomodado. Nós marchamos coas orellas gachas e fóra do bar comenteille ao amigo como se puxera o home, que tampouco era para tanto. O meu amigo díxome que non era de extrañar porque o comedor de mandarinas botara dez anos no cárcere por matar a un nunha partida de naipes. Non teño que dicir que non volvín por aquel bar nunha tempada beeen longa; non todos os días coñece un a un asasino !.

10 comentarios:

  1. Minha nae, da que libraste.
    nunca pensaras conocer ti a un asesino de carne e osso.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. E ao fin quen pagou a consumición e as mandarinas?.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Menudo cagazo. O que é non saber, entrouche o medo cando xa estabas fora do bar e sen perigo aparente, e mentras estabas xogando ás cartas con él, estabas disfrutando e tomando unha cervexa polo morro. Haiche cousas

    ResponderEliminar
  4. Eu pregúntome o mesmo que Dilaida. Pagastes vos as cervexas ou, a pesares da mala uva, pagounas o comedor de mandarinas?

    ResponderEliminar
  5. Jajajajaja. Mi madriña que medo.
    Pero aqueles glorios non os pagastes ou si?

    ResponderEliminar
  6. Tiñas que alongar máis o final da historia, que soubo a pouco...
    O que ía ben é que dixeras que tiverades que paghar os ghlorios ou que saístes a escape do local...
    E ti como sabes as casas que van chimpar co AVE?
    A algunhas, como a da foto, non lle vén mal, que son feas de carallo!
    (síntoo polos donos)

    ResponderEliminar
  7. nada menos que de cartas... que medo!

    bicos.

    ¡magoa da casa!

    ResponderEliminar
  8. ... e secadra eu teño coñecido a un asasino e non o sei. o que sí é seguro é que non xoguei ó subastado con él (porque non sei xogar ó subastado, quixen recibir unhas clases de tute pero sólo conseguía ofrecimentos para xogar ó teto)

    eu tamén sinto curiosidade do teu percorrido polas casas que van tirar para o paso do AVE. aquí hai que contar todo!

    ResponderEliminar
  9. Ana: pois parece broma pero o susto non mo quitou ninguén.
    Dilaida: pagou el as consumicións e as mandarinas traíaas da casa.
    Carlos Sousa: chego a sabelo e non xogo. Ou polo menos non pido bebida.
    Chousa da Alcandra: sería asasino pero cumpría co trato e pagou o que había na mesa.
    fonsilleda: non pagamos nadiña pero tampouco quixen saber máis del.
    Eva G. Rei: foi hai muito tempo e só lembro un par de detalles máis pero intrascendentes. Non saímos fuxindo pero eu algo mosca polo enfado tremendo que tiña a personaxe.
    Sei dalgunhas casas por un folleto cun plano que mandou o PSG de Vilaguindastre á casa.
    A casa é así pero ten un xardín que me encanta.
    Aldabra: soa a típico do oeste das películas pero a vida real é así.
    zeltia: un asasino non deixa de ser unha persoa máis ou menos normal, supoño. E seguro que coñeces a máis dun sen decatarte.
    O resto das casas non teñen unha historia merecente de relatar aquí pero se sei dalgo non dubides que o publico.

    ResponderEliminar
  10. O teu amigo ben te pudo avisar antes,menudo susto.

    ResponderEliminar

És humano ti ?