Anque o día do pai estivo enturbiado pola mala saúde do Leo e o avóP desfrutei do diploma-calendario que me regalou Leo onde ata me fixo un retrato e sae o mundo: " É o planeta Terra, onde vivimos nós e os veciños. "
A primavera fixo abrochar a camelia agasallo dunha amiga.
Disfrutade da primavera e que o Leo estea ben de saúde.
ResponderEliminarFermoso o agasallo polo día do pai :-)
Unha aperta.
Antón.
Unha aperta forte, Pedro. Nós estamos agardando ao segundo para setembro e pensar en que lle poidera pasar calquera cousa, o mesmo que a Ane, é o máis duro que un pode imaxinar. Por eles paga todo a pena.Un saúdo.
ResponderEliminarIstes agasallos son os que mais enchen a un, alomenos foi o que me pasou a min, e teño caseque todos gardadiños :)
ResponderEliminarEspero que o Leo se repoña axiña, os pequenos son fortes e teñen moita enerxia :)
Biquiños
Lindo agasallo o do Leo e a Camelia, fermosísima
ResponderEliminarUnha aperta.
As camelias abrochan. O regalo de Leo... un fermoso detalle para non esquecer que os días pasan e que vivimos no mundo. Eu xa non lembro onde están os moitos que foron confeccionando os meus fillos, pero temos un par deles colgados na parede do salón e é unha delicia miralos, pois detrás deles está a ilusión que puxeron ao facelos.
ResponderEliminarUn bico para Leo e que mellore pronto.
Para o papá felicidades, aínda que sexa fóra de tempo.
Mira que xeito lle da xa ás letras :D
ResponderEliminarUn biquiño :)
Fermoso agasallo o de Leo, e por riba púxoche un riso moi xeneroso no retrato. Que mellore a súa saúde.
ResponderEliminarBicos.
Que gañas de primavera de de sol! A ver se ven boa!
ResponderEliminarBicos
Eu creo que o do mellor pai do mundo ata che gustou eh . Un bico
ResponderEliminarImos ter un conflicto, compañeiro. Eu teño un agasallo que contén a mesma frase asinada pola miña nena.
ResponderEliminar:-)
El sabe que co seu pai non hai mundo que se lle resista. Sería quen de ir na súa bici, ben abeirado, ata o infinito ou máis aló.
ResponderEliminarUn biquecho para o Leo, para que se lle pase o arrechucho.
É a vida que non se detén. Pois a desfrutala.
ResponderEliminar¡vaia chulada de regalo! seguro que che caeu a baba.
ResponderEliminarbicos,
Tamén eu teño un diploma dese día, pero sen calendario e con diferente formato.
ResponderEliminarTes moita sorte....aproveita agora, porque xa o dician os latinos...Tempus fugit. E Leo medra...Despois os pais, pasamos a molestar.¡¡¡
ResponderEliminarLogo dun tempo sen dar un repaso polos meus blogs amigos (non dou feito) atópome cunha chea de novidades e estou pasando moi bos intres vendo e lendo todas as vosas entradas.
ResponderEliminarSorprendeume o do xogador asasino, non me estraña nada que non che quedasen ganas de volver.
Alégrome de ver florecer a camelia, a que temos na casa esta chea de flores adoita ter moi abundante floración xa o comprobaredes co paso do tempo
Saudos A.Cris
O agasallo do Leo recordame os pictogramas de Iago
ResponderEliminarA.Cris
Chego un pouco tarde, espero que Leo xa esté recuperado. Que bonitos son os agasallos que nos fan de pequenos. Así que medran xa che cambia o conto. O meu nin se acordou de felicitarme, xa está máis pendiente doutros temas, jeje. A que me espera.
ResponderEliminarA disfrutar del.