Sentín envexa polo solpor que exhibe Chousa dende a súa casa real e virtual e teño que contraatacar con parte do abrente que se admira dende o meu novo domicilio. O sol que inunda de verdade a metade da vivenda e ver ao Leo pararse debaixo da cuarta farola para saudarme coa man camiño da escola son dúas ledicias que me alegran as mañás.
Pois si que é unha paisaxe fermosa! E se está Leo formando parte debaixo da farola, moito máis.
ResponderEliminarSe é o que eu digo... onde haxa un baño con ventá que se quiten os cegos, por moi espaciosos que sexan.
ResponderEliminarO cambio foi verdadeiramente bo.
A ver cando poño eu as vistas...
Aínda que non sexamos blogueiros con vista, está claro que sí que temos vistas!. E nesa túa que amosas, podendo verse ó Leo...nin o sol pode superala.
ResponderEliminarApertas (hoxe con nubes dende a miña fiestra oeste -e na leste tamén-)
Tampouco ti tes ninghunha mala vista.
ResponderEliminarDende logo que non. Ata poderíase dicir sen Leo.
Bicos.
ese explendor de verde tamén é moi apetitoso... a mín encantaríame poder ver algo así desde a miña ventana... pero por suposto, nada como a mirada dun pequeno ¡verdade?
ResponderEliminarbicos,
Pois a vista é fantástica. é o detalle do Leo, fenomenal. Agardo que esteades ben. Saúdos
ResponderEliminarunha alegre vista para empezar o día, verde é luz, natureza... e o Leo dicindoche adios coa man.
ResponderEliminarParéceme unha conxunción perfecta.