Páxinas

mércores, 28 de abril de 2010

Abrente


Sentín envexa polo solpor que exhibe Chousa dende a súa casa real e virtual e teño que contraatacar con parte do abrente que se admira dende o meu novo domicilio. O sol que inunda de verdade a metade da vivenda e ver ao Leo pararse debaixo da cuarta farola para saudarme coa man camiño da escola son dúas ledicias que me alegran as mañás.

7 comentarios:

  1. Pois si que é unha paisaxe fermosa! E se está Leo formando parte debaixo da farola, moito máis.

    ResponderEliminar
  2. Se é o que eu digo... onde haxa un baño con ventá que se quiten os cegos, por moi espaciosos que sexan.
    O cambio foi verdadeiramente bo.
    A ver cando poño eu as vistas...

    ResponderEliminar
  3. Aínda que non sexamos blogueiros con vista, está claro que sí que temos vistas!. E nesa túa que amosas, podendo verse ó Leo...nin o sol pode superala.

    Apertas (hoxe con nubes dende a miña fiestra oeste -e na leste tamén-)

    ResponderEliminar
  4. Tampouco ti tes ninghunha mala vista.
    Dende logo que non. Ata poderíase dicir sen Leo.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. ese explendor de verde tamén é moi apetitoso... a mín encantaríame poder ver algo así desde a miña ventana... pero por suposto, nada como a mirada dun pequeno ¡verdade?

    bicos,

    ResponderEliminar
  6. Pois a vista é fantástica. é o detalle do Leo, fenomenal. Agardo que esteades ben. Saúdos

    ResponderEliminar
  7. unha alegre vista para empezar o día, verde é luz, natureza... e o Leo dicindoche adios coa man.
    Paréceme unha conxunción perfecta.

    ResponderEliminar

És humano ti ?