Páxinas

luns, 26 de abril de 2010

Calores e músicas


A xente viste de bonito para ir á festa. As moscas zoan e os grilos multiplican o seu son. As glicinias adornan incluso ruinas con pouco futuro. A lamprea está deliciosa e a calor anima a descansar.
Estes días de calor fan alonxar na memoria a descuberta de música para Leo gracias a Eva G. Rei e teño que deixalo aquí arquivado.

4 comentarios:

  1. A música alimenta o espíritu e as flores das glicinias, no seu reverter de cor, tamén. Pero as ruinas con pouco futuro, por moita glicinia que lle poñas...non é nada!

    (Vaia recopilación a de Eva eh??. E aturou o concertazo enteiro cun bocata de tortilla gabacha. Eso sí que e ter bemoles, e non o pentagrama)

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. hai que axudar á memoria, co seu arquivo caótico, creando entradas con criterio para despois poder rescatalas cando se precisen!

    (confeso que pasei de escoitar a música, o tempo dos leos meus xa pasaron, xa veremos se algún dia teño netos e igual volvo a revivilos!)

    ResponderEliminar
  3. Ola Pedro; estou escribindo un pequeno relato e nun momento dado xorde a palabra POTÍN.
    Os meus pais e avós e nós sempre chamamos potín ás escaleiras que serven para acceder á primeira planta dunha casa, algúns tiñan un pequeno tellado no descansillo e sempre eran por fóra da casa.
    Busquei no dicionario de galego e no da lingua española e non existe esa palabra ou polo menos non a encontro.
    Gustaríame ter a túa sabia opinión e tamén a dos teus colegas por iso fago a consulta nos comentarios
    Un abrazo
    A.cris

    ResponderEliminar
  4. que pena da ver esas casiñas abandoadas... por moito que as adornen as glicinas.

    bicos,

    ResponderEliminar

És humano ti ?