Páxinas

domingo, 18 de abril de 2010

Prohibición


Mirar isto e retratalo canto antes foi unha. Porque hai pintadas que merecen permanecer eternamente.
PD: Faltou o de proibir " ghomitar " que tamén se dá nesta esquina do parque do Cristo co hotel Parque en Vilaguindastre.

16 comentarios:

  1. Pois se a multa é o debuxiño, iso é cortar polo sano, o de mexar e foder seguro que non o volven facer.

    ResponderEliminar
  2. Ten razón Dilaida. A pintada e mailo debuxo son castradoras a tope.
    Rinme moito con esta entrada.:)

    ResponderEliminar
  3. hahahahahahahahahahahahahaha moitas grazas!! hahaha é boísimo!! e por suposto hai que lelo con gheada hahahaha

    Un bico hahaha

    ResponderEliminar
  4. Fixeches ben e tes razón, merece ser gardado.
    Rinme, e teñen razón anteriores comentaristas, se a multa é a que pinta...
    Benvido
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. A iso chámolle eu unha solución radical. ;)

    ResponderEliminar
  6. Preciso é o aviso, non o nego; que pon os pelos de punta tampouco ninguén mo negue.

    ResponderEliminar
  7. A ver quen é o valente que se atreve, xa doe con só velo. Moi boa

    ResponderEliminar
  8. Como pra non facer caso o cartelito,ejejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Despois de ver esa pintada non hai iogur con bífidus, nin diurético, nin viagras, que levanten a moral. Terían que fichar ao-a artista para o departamento de control de calidade de todos eses productos.

    Im presion ante

    ResponderEliminar
  10. jajajaja vamos!!! como para pasar por alto eso da sanción uuuufffff

    dende logo que non era para deixar o carteliño ahí e non tirarlle unha fotiño :)

    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. Moi bo o cartel e moi gráfico o debuxo... Dá arrepío!
    Iso si, está na lingua do país.
    De onde o sacaches?

    ResponderEliminar
  12. a pintada está xenial. non precisou chamar a unha axencia de expertos en deseño, e quedoulle caralludo.
    iso sí, boto de menos saber ONDE está a pintada.
    precisa datos, pf.

    ResponderEliminar
  13. Moi bo! Non se andan con miramentos e máis claro non pode ser. A ver se alguén se lle ocorre facer algo diso alí, eu non ma xogaría.
    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Concordo en que a "multa" é disuasoria en sí mesma.
    (Chámame a atención o interés que demostran algunhas comentaristas por saber ONDE está ese lugar. Será para convidar a mexar alí a alguén?)

    ResponderEliminar
  15. Meu Deus, da ganas de fuxir correndo de ahí aínda que non vaias a nada diso.

    ResponderEliminar
  16. a "multa" queda moi clariña, digo eu.

    bicos,

    ResponderEliminar

És humano ti ?