Páxinas

domingo, 16 de maio de 2010

Antes das Letras


Revisando fotos topei esta do Leíño co busto de Uxío Novoneyra en Lugo e penso que pode servir de homenaxe para a celebración de mañá.
E como o asunto vai de lingua quero regalar a palabra " tantaxe " que aprendín hoxe en Arbo. A tantaxe é unha herbiña que nace no medio do céspede e que serve para curar descomposicións de estómago.
Bó día das Letras !.

4 comentarios:

  1. Bo día para vos tamén.
    Bicos o Leo

    ResponderEliminar
  2. vai, pois quédache xenial hoxe esta foto.

    nunca ouvira ese nome nin coñecía a planta.

    bicos,

    ResponderEliminar
  3. En galego ten moitos nomes, dependendo da zona: Chantán, chantaxe; corriola; chanta; chantasia e tantaxe.
    O nome científico é :Plantago major L.
    En castelán coñecese como: Llantén
    Ten un feixe de propiedades curativas, nesta páxina:
    http://www.botanical-online.com/medicinalsllanten.htm
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. bueno, eu polo sí, ou polo non, non me atrevería a tomala...
    pero gústame coñecer os nomes das prantas, das árbores... e se me queda sitio no miolo, tamén as súas propiedades.

    debía ir frío ese día que o Leo ten cara diso!

    ResponderEliminar

És humano ti ?