Revisando fotos topei esta do Leíño co busto de Uxío Novoneyra en Lugo e penso que pode servir de homenaxe para a celebración de mañá.
E como o asunto vai de lingua quero regalar a palabra " tantaxe " que aprendín hoxe en Arbo. A tantaxe é unha herbiña que nace no medio do céspede e que serve para curar descomposicións de estómago.
Bó día das Letras !.
Bo día para vos tamén.
ResponderEliminarBicos o Leo
vai, pois quédache xenial hoxe esta foto.
ResponderEliminarnunca ouvira ese nome nin coñecía a planta.
bicos,
En galego ten moitos nomes, dependendo da zona: Chantán, chantaxe; corriola; chanta; chantasia e tantaxe.
ResponderEliminarO nome científico é :Plantago major L.
En castelán coñecese como: Llantén
Ten un feixe de propiedades curativas, nesta páxina:
http://www.botanical-online.com/medicinalsllanten.htm
Bicos
bueno, eu polo sí, ou polo non, non me atrevería a tomala...
ResponderEliminarpero gústame coñecer os nomes das prantas, das árbores... e se me queda sitio no miolo, tamén as súas propiedades.
debía ir frío ese día que o Leo ten cara diso!