Gústame a tranquilidade na estrada e procuro ir á miña velocidade e ser respetuoso e non pitar nin mirando carteis como o da foto ( anque sexa tan tentativos ). Tamén me gusta que os demáis vaian con xeito e educadamente así que cando miro que vén un condutor rápido de máis de frente doulle luces como indicando que hai un control cerca. Encántame ver polo retrovisor como encenden as luces de freado !.
qué trampalleiro hihihihi
ResponderEliminarEu tería pitado na gasolineira, creo. Claro que tamén é posíbel, coñecéndome, que non tivese visto o cartel. A min cando me dan as luces sempre respondo por se é algún coñecido (son moi mala para lembrar os coches)
ResponderEliminarpois que saibades que hai lendas urbanas ceibas por aí,
ResponderEliminaracerca do que vos pode pasar por dar luces a descoñecidos!!
os carteis das bodas pendurados das pontes agora seica os fan interactivos!, aquíiiii
evolucionar ou morrer!
moi bo o cartel!!
ResponderEliminara parte disto, hoxe visítoche por outra causa.
Correde a voz, por favor.
Ao meu cuñado roubáronlle o coche onte pola mañán en Vigo.
BMW 320 - Gris claro
Matrícula: 7365-GBR
Por unha serie de circunstancias, a policía xa sabe quen foi e di que seguramente o colleu para ir a algún sitio en concreto e logo o deixaría aparcado en calqueira lugar.
Se alguén o ve, agradecémoslle se poña en contacto neste mail zenkiulove@gmail.com ou que chame á policía.
Eu non tería pitado na gasolineira: máis ben tería feito esforzos por non facer unha barbaridade na gasolineira que me fixese saír na páxina de sucesos.
ResponderEliminarComo odio estas pancartas!!!
(Síntoo, pero non podo, non podo...)
a mín estes carteles parécenme unha "conachada" (palabra ferrolana cen por cen)... desde logo non pitaría.
ResponderEliminarbiquiños
Concordo con Aldabra, que estes carteis son unha "paxarada", como dicimos na miña casa.
ResponderEliminarE a ti xa che vale, pillabán! Recoñezo que me fixo moita graza o de dar luces a quen vai demasiado rápido para ver como frean: é xenial!
Ocórreseme algún a quen non lle viría mal que lle deran luces...
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMoi boa idea a túa das luces...
ResponderEliminarBicos.