Se na noite de san Xoán muitas cousas adquirían a facultade do movemento na de san Pedro aínda se moven máis.
Arriba están retratadas unhas macetas que descansan nun banco do adro da igrexa de Sela en Arbo. Non estaban soas que por alí había espallados carretillos, cancelas, escadas e outros ferraganchos.
Abaixo está retratado o palco de festas de Vide, As Neves; onde semella ter máis forza a capacidade de mobilidade das cancelas, dun carretillo e dunha chedeira dun carro.
sí que hai trasnos por esa zona! e moi apegados ás tradicións e postos ó día no santoral! (que eu non me enterei nin de que fora o día de san pedro, vaia por dios, vaime pechar a porta o día que vaia knocking on heavens door
ResponderEliminarHabia tempo que non pasaba pola túa bitácora...
ResponderEliminarAgardo que todo vaia como é debido :)
Apertas!
Cómpre que os cansos que pasen polo adro da igrexa teñan bon ollo cando senten.
ResponderEliminar¿Haberá que pasarse por si andan por aí aqueles lentes meus?
ResponderEliminarBicos
pois vaia que quedou ben lindiño o banco cos cactus... e un bodegón estupendo.
ResponderEliminar