Hai un compañeiro novo que me lembra a esta personaxe do Quixote que é Cardenio pero que tamén me lembra un antigo compañeiro de hai muitos anos. A aquel compañeiro chamábamoslle Vences que vén de Wenceslao e era un home faladeiro, de sorriso eterno e con algunha curiosidade. Tocounos traballar xuntos de turno de noite unha tempada e el mandáballe unha sopa de cabalo cansado ás dúas da mañá e deitábase no banco uns quince minutos. Outras veces contaba a súa vida embarcado ou nas Canarias ou as diferenzas do falar da Guarda con Vilaguindastre pero a historia que máis me prestou foi de como casou. El estaba mirando un vídeo da voda dun primo ( xa sabemos o divertidos que son ) e, de súpeto, espertou e fixouse nunha moza. Preguntoulle ao curmán quen era e díxolle que era a súa cuñada, a irmá da súa dona. Vences quedou prendado e díxolle que a quería coñecer. O primo presentoulla e en menos dun ano xa estaban casados.
A min pareceume unha historia incrible naqueles tempos que non había interrede nin nada. O que pasa na rede agora fai deste acontecido unha anécdota sen maior importancia.
Pois é unha historia ben fermosa, moito mellor que as da rede, por ser precisamente menos cotiá.
ResponderEliminarA anécdota é ben simpática, coma case todas as que contas. Que ben o van pasar os teus netos cando sexas avó!
ResponderEliminarO coche do meu cuñado apareceu intacto aparcado nunha rúa de Vigo.
ResponderEliminarÉ unha historia digna dun relato de Cunqueiro (aínda con vídeo e todo); a cuestión é se seguiron casados e comeron perdices ou non.
ResponderEliminarUnha historia de película. Din que a realidade supera á fantasía. E non me parece, como di Kaplan, que o importante sexa se seguen xuntos ou non; a parte máis bonita en calquera caso é a que viviron.
ResponderEliminarEsquecíame felicitarte pola aparición do coche, Mer.
ResponderEliminar:-)
Felicidades a Mer polo do coche.
ResponderEliminarA anécdota é ben chula, coma sempre.
eso sí que é ter ollo.
ResponderEliminarbicos,
É curioso o feixe de anécdotas que amontoamos na nosa vida...sabías que unha vez choiando nas Fontiñas, topei cun rapaz que nacera o mesmo dia ca min, o mesmo ano, a mesma hora (minuto arriba ou abaixo) e se chamaba coma min agás o segundo apelido...o mundo esta cheo de cousas curiosas. Saúdos e apertas
ResponderEliminar