Páxinas

xoves, 22 de xullo de 2010

Atención ao público


O outro día fun pasar a ITV a un coche e pasouna sen maior problema ( o Fiat 1100 da foto non a pasaría e, de feito, desapareceu do sitio ).
Pero o que quería contar é o do servicio de atención ao público por teléfono. Nesta ocasión a cita collina por internet pero noutra ocasión chamei por teléfono. A voz enlatada deume a opción a escoller entre castellano e galego e collín galego por probar. Soou unha voz real feminina saudando en galego, eu respondín e logo empezou ela a preguntar matrícula, teléfono de contacto, propietario do veículo, etc; todito en castelán !. Eu respondía en galego e ela repetía os datos en castelán. Así ata o final que se despediu en galego outra vez e colgou coma se tal cousa.
Menos mal que pedín o servizo en galego !.

3 comentarios:

  1. Son cousas do bilingüismo. Seguro que se che ofertasen escoller entre castelán e inglés e escolleses inglés, pediríanche os datos no máis puro do Reino Unido.

    Vivir para ver!

    Súados e bico para Leo.

    ResponderEliminar
  2. Iso pasa moitas veces e a min faime moita graza, porque canto máis insisten en falarme en castelán eu máis o fago en galego.
    Teño unha filla que sempre me di "mamá non sexas maleducada poida que non te entenda". Eu deféndome "pois se non entende que non estea aí, e que non digan que poden atenderme en galego".
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Iso recórdame un chiste que contaban sempre cando eu era rapaza,
    daquel que vai traballar emigrado a Londres, xunto coa sua dona,
    e non sabían inglés ningún dos dous,
    e todos lle diciían que o inglés non había dios que o entendera,
    e colle un taxi en Victoria station e lle di o taxista:
    á calle Brixton,
    e o taxista calado, enfila cara alá e ó chegar dille
    onde o deixo
    aqui mesmo, canto é
    tantas libras
    e despois dille ó baixiño á súa muller "mira tí, é chegar a inglaterra e xa sabemos inglés"

    ResponderEliminar

És humano ti ?