Páxinas

luns, 26 de xullo de 2010

De camping








Estivemos de cámping esta fin de semana por terras do Grove. No cámping estivemos ben e tiñamos uns veciños asturianos que nos ofrecían de todo: "martillu", "silles", microondas, etc. A tenda aguantou ben o aire das noites pero tardamos máis de dous minutos en montala e aínda máis en desmontala. Temos que aprender no vídeo. O Leo pasouno ben coas lanternas e os monecos e entrando e saíndo da tenda. Na praia estabamos ben andando polas rochas ou buscando pedras de area pero a auga cortaba do fría que estaba.
Creo que temos que repetir !.

6 comentarios:

  1. Pois, a repetir a próxima semana que din que vai vir bo tempo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. A min encántame ir de camping e de pequena ia cos meus pais e uns amigos e é un dos máis fermosos recordos que teño das vacacións na nenez.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. para os rapaces o cámping é a liberdade, supoño, unha experiencia como de conto de aventuras.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Se é para volver á rúa da Ledicia, non o dubides. A felicidade do Leo e a vosa está garantida. Que o pasedes ben. Por culpa do tempo non vai ser.
    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Vale, pois a ver se a próxima repetides con nós.

    ResponderEliminar
  6. Eu fun moito de camping co meu fillo cando era neno.
    Entón practicabamos a acampada libre que estaba permitida nalgúns sitios, ou alomenos facían a vista gorda. Así que colliamos leña, prendiamos lume á noite, e asabamos chourizos nel.
    Aquelas aventuras nunca as esqueceu. Agora que ten edade para ter os seus propios fillos dí que "ir de camping non é o mesmo"
    :)


    é bonito saber que deixas unha impronta nos mellores recordos da infancia do teu fillo, va que si?

    ResponderEliminar

És humano ti ?