Páxinas

luns, 30 de agosto de 2010

Corenta e sete meses ( e tres días )


Pasa o tempo pero non esquezo o mesario de Leo. Pasou a data polo mesmo motivo polo que non posteo muito en agosto: paseos, acampadas, praia, visitas, traballo e poucas ganiñas de arrimarse ao ordenador fixo que non postease.
Ao que ía; o Leo quere cumprir catro anos e pregunta cando é o seu aniversario para celebralo no parque de bolas. Está rebelde e só a ameaza de quedar sen festa logra dobregalo. Come pouco e dándolle. O asunto das necesidades lévao mal.
No resto vai ben: relaciónase ben anque monta encima da xente que topa no sofá. Fala seguido e distingue bastante ben as dúas linguas e pregunta muito por palabras en inglés. Sigue falando só mentres xoga e faino bastante en castelán e inventando palabras.
E o pequeno segue medrando e mudando !.

8 comentarios:

  1. Non fai falta que xure que o Leíño pasou o vrao coma un león, porque xa se ve na foto. Parabéns, unha vez máis

    ResponderEliminar
  2. Xa va sendo hora que contes en anos,jejeje
    De mesario a anuario,jeje

    Vese-o xenial ( esto escribrse asi???)

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Fermoso rapaz. E parece ben ledo.
    Gústame.
    Bicos.

    P.D. Sei que estou en débeda cos comentarios. Fareino.

    ResponderEliminar
  4. pois tí dirás o que queiras... pero a mín paréceseme a tí

    xa vai grandiño!

    [cando dixeches o de que está rebelde, lembráchesme ó meu cativo; tivo aos catro anos un cambio de carácter bastante grande, asomoulle a súa persoalidade agochada!]

    ResponderEliminar
  5. Grazas mestre, sempre tan atento, un bico moi grande para Leo e tamén para ti e para Ana.
    Avoa Cris

    ResponderEliminar
  6. está ENORME!! hai tanto que visito o teu blog?

    ResponderEliminar
  7. si que se ve grande, con respecto das primeiras fotos que vín del no blog.

    biquiños e felicidades.

    ResponderEliminar
  8. Vexo que Leo está feito un campión. Ten que coller forzas que xa logo empeza a escola.

    Un biquiño para el e outro para o pai de Leo.

    ResponderEliminar

És humano ti ?