Páxinas

luns, 23 de agosto de 2010

Na terra dos pirlos


Na terra dos pirlos combinan mar e terra.



Descubres hórreos xigantes en terreo privado con castiñeiros á vista do mar.

Mesmo ten unha praia que descubrín buscando moras.



O malo foi ter que recoller a tenda pola chuvia e deixar a marca na terra cuberta por " pirlos " que é o nome precioso que lle dan ás follas do piñeiro por terras fisterrás.
Por certo, como se chama a folla do piñeiro pola túa zona ?. En Vilaguindastre chamámoslle " candeas " e en Arbo " fasco ".

21 comentarios:

  1. Pois en Redondela, tamén é fasco.

    ResponderEliminar
  2. eu chámolles "arume", nunca oísn eses nomes que dís.

    bicos,

    ResponderEliminar
  3. Eu sempre lle chamei "espita" é como se coñece por aquí.

    ResponderEliminar
  4. O sitio ese do hórreo co mar detrás [onde debe pegar o vento ben forte] deixoume abraiada... parécese ás paisaxes dos meus soños.

    Na parroquia onde eu son, do concello de Silleda, á folla dos piñeiros chámanlle "charamela"
    [en ningún outro sitio lle escoitei a ninguén chamarlle así]
    Pola Coruña escoitei a galegofalantes chamarlle "faísca"

    ResponderEliminar
  5. Pois pregunteille a meu pai e, direitamente díxome: aquí chamámoslles "espitas dos pinos", e logo quen o pregunta; non quererá mercar pinos???

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. No Barbanza é, se non erro, gharuma. Aquí teño ouvido frouma.
    Pero dígame: pirlos... what are pirlos?

    ResponderEliminar
  7. sí, fago tamden con kaplan, únome á pregunta dos pirlos

    ResponderEliminar
  8. En Refoxo é frouma e coido que na maioría das zonas de Ourense tamén.

    E tamén me apunto á pregunta dos pirlos...

    Bicos, tamén para Leo.

    ResponderEliminar
  9. En Perdecanai, e por extensión no Concello de Barro, chamámoslle faísca. As outras formas tíñaas escoitado, pero "pirlos" e "espitas" non. Dá gusto aprender con vós.

    ResponderEliminar
  10. Preciosa a foto do castiñeiro na praia, voucha roubar :)

    Un biquiño desde estas húmidas terras xemelgas das nosas :*

    E grazas, moitísimas, polas túas visitas :****

    ResponderEliminar
  11. pois en esta zona chámase isca ( A Baña, Negreira, Ames, Brión,...)

    ResponderEliminar
  12. En Agolada dicímoslle pico e tamén arume, frouma.
    Eu que vivín na Costa da Morte xa esquecín os pirlos.
    Apertas

    ResponderEliminar
  13. Xa me enterei agora o que era "pirlos"
    [pero que burriña son]
    -enterime no de Kaplan-

    :)

    ResponderEliminar
  14. Pois por aquí, na coruña, eu cámolle penica.

    ResponderEliminar
  15. E que magoa da levantar a tendiña, verdade?

    Nos somos fixos de Porto do Son, dende fai anos, pero teño ganas de subir un chisco mais e conocer dende Camariñas para arriba.

    En Ourense, (ou alomenos na miña casa) chamamoslle "puxa", pero claro, non che sei se ven directamente do castelan, ou se e un nome galego...

    Biquiños :)

    ResponderEliminar
  16. Incrible cantos nomes ten. Aquí é moi coñecida por "fasco", pero sobre todo "bullo".
    Sempre me ten chocado a diferencia de chamarlle as cousas según a diferencia de zona, pero máis choca canto e tan cerca como de Ponteareas a Porriño. Algunha vez temos falado do caso.

    ResponderEliminar
  17. Pois na minha som aghulletas.
    beijos

    ResponderEliminar
  18. Xa ves......diferentes nomes, e a mesma cousa.....E de vacacions. mellor ainda.

    ResponderEliminar
  19. na comarca de ourense é frouma.
    a nossa língua é útil, extensa e diversa!

    ResponderEliminar
  20. Si, si si, ten toda a razon Anonymous en que se lle chama frouma :)

    Ay! xa non me lembraba...

    ResponderEliminar
  21. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

És humano ti ?