
Na terra dos pirlos combinan mar e terra.

Descubres hórreos xigantes en terreo privado con castiñeiros á vista do mar.
Mesmo ten unha praia que descubrín buscando moras.

O malo foi ter que recoller a tenda pola chuvia e deixar a marca na terra cuberta por " pirlos " que é o nome precioso que lle dan ás follas do piñeiro por terras fisterrás.
Por certo, como se chama a folla do piñeiro pola túa zona ?. En Vilaguindastre chamámoslle " candeas " e en Arbo " fasco ".
Pois en Redondela, tamén é fasco.
ResponderEliminareu chámolles "arume", nunca oísn eses nomes que dís.
ResponderEliminarbicos,
Eu sempre lle chamei "espita" é como se coñece por aquí.
ResponderEliminarO sitio ese do hórreo co mar detrás [onde debe pegar o vento ben forte] deixoume abraiada... parécese ás paisaxes dos meus soños.
ResponderEliminarNa parroquia onde eu son, do concello de Silleda, á folla dos piñeiros chámanlle "charamela"
[en ningún outro sitio lle escoitei a ninguén chamarlle así]
Pola Coruña escoitei a galegofalantes chamarlle "faísca"
Pois pregunteille a meu pai e, direitamente díxome: aquí chamámoslles "espitas dos pinos", e logo quen o pregunta; non quererá mercar pinos???
ResponderEliminarApertas
No Barbanza é, se non erro, gharuma. Aquí teño ouvido frouma.
ResponderEliminarPero dígame: pirlos... what are pirlos?
sí, fago tamden con kaplan, únome á pregunta dos pirlos
ResponderEliminarEn Refoxo é frouma e coido que na maioría das zonas de Ourense tamén.
ResponderEliminarE tamén me apunto á pregunta dos pirlos...
Bicos, tamén para Leo.
En Perdecanai, e por extensión no Concello de Barro, chamámoslle faísca. As outras formas tíñaas escoitado, pero "pirlos" e "espitas" non. Dá gusto aprender con vós.
ResponderEliminarPreciosa a foto do castiñeiro na praia, voucha roubar :)
ResponderEliminarUn biquiño desde estas húmidas terras xemelgas das nosas :*
E grazas, moitísimas, polas túas visitas :****
pois en esta zona chámase isca ( A Baña, Negreira, Ames, Brión,...)
ResponderEliminarEn Agolada dicímoslle pico e tamén arume, frouma.
ResponderEliminarEu que vivín na Costa da Morte xa esquecín os pirlos.
Apertas
Xa me enterei agora o que era "pirlos"
ResponderEliminar[pero que burriña son]
-enterime no de Kaplan-
:)
Pois por aquí, na coruña, eu cámolle penica.
ResponderEliminarE que magoa da levantar a tendiña, verdade?
ResponderEliminarNos somos fixos de Porto do Son, dende fai anos, pero teño ganas de subir un chisco mais e conocer dende Camariñas para arriba.
En Ourense, (ou alomenos na miña casa) chamamoslle "puxa", pero claro, non che sei se ven directamente do castelan, ou se e un nome galego...
Biquiños :)
Incrible cantos nomes ten. Aquí é moi coñecida por "fasco", pero sobre todo "bullo".
ResponderEliminarSempre me ten chocado a diferencia de chamarlle as cousas según a diferencia de zona, pero máis choca canto e tan cerca como de Ponteareas a Porriño. Algunha vez temos falado do caso.
Pois na minha som aghulletas.
ResponderEliminarbeijos
Xa ves......diferentes nomes, e a mesma cousa.....E de vacacions. mellor ainda.
ResponderEliminarna comarca de ourense é frouma.
ResponderEliminara nossa língua é útil, extensa e diversa!
Si, si si, ten toda a razon Anonymous en que se lle chama frouma :)
ResponderEliminarAy! xa non me lembraba...
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar