Páxinas

mércores, 22 de setembro de 2010

Case apeto







Explícome. En Arbo, cando os tomates rebentan de calor e maduros din que os tomates " apetan ". Eu case apeto porque me puxen colorado coma un tomate maduro cando Eva G. Rei me deu o premio " Vale a pena ficar de olho nesse blog ! ". Había tempo que non me daban un premio e o millor de todo é que me incluiu nunha lista ben boa.











Graciñas por esta chiscadela virtual !.



Agora queda distinguir dez blogos que merezan esta distinción segundo o meu criterio.


























Por suposto que hai máis pero teño que peneirar ata deixar dez e escollo estes. Nestes blogos podes topar fotos, información, arte, vida sinxela e sorrisos.

12 comentarios:

  1. Pois eu son o mellor comedor de tomates a este lado da Vía Láctea!

    (Para min tamén é un pracer estar nesa listaxe de Eva. E que ti o recollas...pois mais do mesmo!)

    ResponderEliminar
  2. Noraboa, entendo ben que apetes.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Graciñas. Non che sabía o da etapa americana "eueoseeuu". o blog é tan interesante como leoeosseus. Un saúdo.

    turismodepontevedra

    ResponderEliminar
  4. Onte non sei que lle pasaba ao teu blog, que foi imposible enviar o coment que che quería deixar!
    Tampouco se perdeu moito: unicamente poñía en dúbida que Chousa fose o maior comedor de tomates deste lado da via láctea, porque en min ten unha dura competidora. gústanme todos: maduros, verdes, cherries, e os apetados!

    E dos blogues que mencionas, coñezo catro. Non está mal, eh?

    parabéns polo premio.

    ResponderEliminar
  5. Apeto tamén eu, como non, con tanta honra: só me deran antes un premio, e hai ben tempo, así que, Paideleo, ben pode imaxinar o orgulloso que me puxen.

    ResponderEliminar
  6. Parabéns, daríancho porque ben o mereces.
    Apertas

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas. Un honor recibilo das túas mans. Tamén apetamos... e ficamos agradecidos.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  8. Parabéns !
    Moi merecido o premio, por certo !
    Sempre aprendo cousas por aquí :-)

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Moitos parabéns para vostede, pero seica ninguén vai felicitar ao verdadeiro rei-señor desta súa casa? Aló van os catro aniños. Tírelle das orellas da miña parte e catro bicazos para o Leo.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  10. pois outra noraboa, logo.
    biquiños,

    ResponderEliminar
  11. Moitas moitas grazas polo premio, non sabes a ilusión que fai, e máis vinde de quen vén, un biquiño grande, e tamén para o neno grande da casa (ai, como nos medran!)

    ResponderEliminar

És humano ti ?