Páxinas

luns, 27 de setembro de 2010

Catro anos


Pois si. Pasan os días, as semanas, os meses e os anos e o Leo chegou ao seu cuarto aniversario.
Levaba uns días repugnante, canso, caprichoso e cuns medos extraños que non o deixan ir ao comedor do colexio nin montar en atraccións de festa nin ver de cerca aos cabezudos da festa.
Pero hoxe parece que rexurdiu con alegría e bo humor e cántalle o " Cumpleaños feliz " a quen o felicita por teléfono.
Gústame o neno alegre que di cousas como esta que lle dixo á bisavoa Celia: " Aora non que eres velliña. Pero cando seas máis nova podes subir á miña casa que ten muuuuitas escaleiras ".

E mañá inda ten a festa cos compañeiros de clase no parque de bolas !.

17 comentarios:

  1. Leo xa é un homiño. É normal que os días próximos ao seu aniversario andase algo intranquilo, catro anos son moitos anos, non si?
    Dálle da miña parte un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Que suertudo é o Leo, por ter ós seus tan de perto e unha bisavoa que vai ser nova...
    Cumpleanos feliz dende Antas, Leo!!!

    ResponderEliminar
  3. gozade con el canto poidades, que se vos escapa :) ...moitos parabéns para leo e os seus

    ResponderEliminar
  4. Que grande vai xa o Leo
    Esta moi lindo no seu aniversario!
    Debias escribir mais desas salidas tan simaticas que ten o Leo!
    No tocante aos medos''' qué neno nesas edades non os ten... cada un é distinto.
    O meu tiña medo de que houbese un toro no corredor, ero non o dicia, orque el mesmo se daba conta de que a xdente se ía rir... asi que non o confesou ate que foi grande... e asi soubemos or qué durante anos non quería ir só ara o cuarto...

    ResponderEliminar
  5. Felicidades a Leo. Un bicazo para ese homiño!

    ResponderEliminar
  6. Dile a Leo, que cando él sexa grande e a bisaboa "pequeniña",que a ten que convidar a larpeiradas, como as que agora le gustena él.

    ResponderEliminar
  7. Parabéns e que cumpra moitos máis.
    Mira que non lembrarme onte cando nos atopamos na praza!!!
    Ben teño desculpa, que estabamos dispersos e desestructurados.
    Para a túa información si que veo o P pero non nos topamos e logo reencontrámonos nas atraccións.

    ResponderEliminar
  8. ¡Que ocorrencia a de Leo coa bisavoa!
    Gústanme moito as ideas que se lle ocorren aos nenos, case sempre cheas de lóxica.
    Está maior e fermoso.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  9. As ocorrencias de agora en diante van ser a monda, xa verá; tamén as preguntas incómodas.

    ResponderEliminar
  10. Súper-feliz cumpreanos!!! Encántame ver medrar a este homiño tan simpático.
    Uns bos bicos para o Leo e unha aperta para o pai.

    ResponderEliminar
  11. pois noraboa para o rapaz e para os pais tamén.
    biquiños,

    ResponderEliminar
  12. Como pasa o tempo pai...vai en motocicleta...aínda parece onte cando empezaches este blogue do Leo.Parabens a todos vos polo bo traballo.

    ResponderEliminar
  13. Moitas felicidades para Leo e para os seus pais.Un bico moi grande desde Marín
    Avoa Cris

    ResponderEliminar
  14. Moitas felicidades, _...
    Eu cando vexo estas fotos, recordo con nostalgia cando feciamos os cumples dos meus rapaces, agora xa dezasete David, a catorce MARcos,,pasan de festas de cumpleaños, de tartas, e velas, e de nos....e o que buscan e marchas cos amigos, por ahi....
    A vida. amigo, non lle hai que facer...

    ResponderEliminar
  15. Aínda que a destempo e con retraso, parabéns para Leo, polos seus catro anos e por esa bisavoa que se ha de facer nova para subir as moitas escaleiras.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  16. Parabens Leo!!!!!!!!!!!!! quedei abraiada co grande e guapísimo que estás! Moitos bicos que chegan do sur do mundo :-)

    ResponderEliminar
  17. Incrível! xa catro anos? non o podo crer! aínda ten cara de pequeno, que lle dure moito máis!! :)

    Dálle un bico moi grande da miña parte, aínda que creio que chego un pouco tarde non? :)

    Bicosss :*

    ResponderEliminar

És humano ti ?