Empezamos por albariño e treixadura para facer viño branco da casa. Outro día vendimamos albariño para a adega. Despóis quedará a treixadura para a adega e as tintas e híbados para casa.
O albariño está sanciño e roxiño e deixa as mans pegañentas do zucre que ten.
O conxunto das uvas amarela-verdosas, o verde das follas filtradas pola luz solar, o azul do ceo e o marrón das videiras dan colorido á vendima.
Encantanme as uvas pro vino tinto, en portugal chamamoslles "morangueiras" de boas que están.
ResponderEliminarPena que non as encontre no mercado...
Bicos
Nin te imaxinas canto me gusta comer desas uvas!
ResponderEliminarnon se atopan no mercado.
Cando nalgunha tendiña de barrio hay algunhasssss, mércollas todas!
este fin de semana irei eu á miña aldea coller as da nosa casa que son unhas pouquechas de nada, e por riba este ano deulle a peste ou algo, que os racimos (como se di en galego?) teñen moitos goios que non foron adiante.
malia que é perto da zona do viño da Ulla, non penses tí que se dan moi ben as uvas por alí.
Pero as que hai están boas, [a americana e a do país -que traducido a nomes non teño idea de qué caste de uvas son]
dame unha envexa o Leoooo,
recórdame a min! hahaha!
Tivestes sorte nos temos unhas parras na finca pero este ano non lle quedou nin a mostra.
ResponderEliminarBicos
Que teñades unha boa colleita!!!
ResponderEliminarDe seguro que saldrá un bo viño :)
Nos antes faciamos a vendimia, agora xa fai tempo que non, nen siquera hai uvas, e non sabes canto boto en falta comer unhos racimiños de garnacha...
bicos
Fermosas imaxes.
ResponderEliminarBoa colleita.
Biquiños
A que na miña aldea lle chaman "do país" e coa que fan o viño da Ulla.
ResponderEliminarQue seica hai pouca uva desa, así que débenlle mesturar doutra para facer o viño; pero xa andiven falando coa xente de por alí e seica nestes anos están a replantar bacelos novos desta caste de uva.
(eu trouxen unhas poucas -bastantes- para a casa, que me deu envexa o Leo)
colleita, en galego dise: colleita
ResponderEliminar