Outonizar significa apañar as primeiras trece castañas, pirixel para casa e un coco ou calacú ou cabaza para decorar.
Outonizar tamén significa comer as penúltimas uvas do ano.
Outonizar quere dicir separar a bisavoa Celia o millo bo do podre neste ano non mui bo para o millo porque o verán foi seco.
Outonizar é pasear e fotografar oito tornarratos ou mós e varios pés de canastro amoreados e esquecidos para que debatan os arqueólogos do futuro sobre este misterio.
Neste paseo tópanse saltóns e unha barbatesa ou teresiña e muitos pericos de cabalo e unha fita de " Los Chunguitos " semisoterrada no camiño que fai pensar en como pasa o tempo e que poucos coches levan hoxendía música de cassette.
E nas tardes outonizas saír a buscar cogomelos e apañar noces e castañas.
ResponderEliminarBicos
Gústame moito o outono, por iso gustóume o post.
ResponderEliminarO Leo anda feitiño un home.
Lástima de eses tornarratos.
Bicos.
Que bonita a foto da avoa Célia, que bonita ela a traballar. Encántame!
ResponderEliminarNós tamén é que estivemos a outonizar e apañamos máis de 13 castañas, aínda que facía un calor...
Un biquiño
(e a cinta é dos Chunguitos, non dos Chichos hahaha)
O encanto do outono que tamén o ten!bicos
ResponderEliminarMui ben apuntado, Meni.
ResponderEliminarCorrexido o troco de Chichos por Chunguitos.
Hoxe outonizar seméllame a palabra máis fermosa do mundo.
ResponderEliminarA ver se contas que é iso das trece castañas, que eu non sei.
ResponderEliminarO millo da avoa Celia parécese a un que esfollei onte...
Xa contarei.
Pois logo eu xa outonicei algo (xa apañei máis de trece castañas).
ResponderEliminarApertas
gústame moito o outono pero o teu outonizar gústame mais!
ResponderEliminarNon sei que me parece máis de museo, se os tornarratos ou o casete dos Chinguitos.
ResponderEliminarE si, témolo xa enriba outro ano máis.
aaaai, que disfrute tan sereno e feiticeiro é o de outonizar...!
ResponderEliminar(iso existe ou é un palabro?)
coma sempre, aprendo algo nos teus posteos: o da barbatesa (no enlace dí "barbantesa")
ResponderEliminare... carallo para a teresiña!
:)
Eu aínda non fun ás castañas e dubido que vaia, pero andei a apañar nas noces, que co aire tolo da outra semana alá marcharon todas ao chan.
ResponderEliminarLeo está feito un mozo.
Parabéns pola entrada. Gustoume sobre todo a foto do millo. Hai moitos anos que na casa de miña nai non se sementa o millo.
Saudiños e bico para Leo.
Parece incrible o grande que está Leo. E que bonito este post de outono.
ResponderEliminarA modo de aclaración.
ResponderEliminar- Trece castañas son as que collemos no camiño debaixo dun castiñeiro dun veciño e Leo non paraba de contalas e recontalas.
- Outonizar é un palabro invención miña.
- Barbatesa e teresiña son dúas denominación da barbantesa en Arbo.
Graciñas a todos por comentar.
Outonizar é un palabro ben fermoso. Eu outonizo poñendo calcetíns para durmir... e lembrando a miña avoa que marchou hai un ano. Ela moito outoniza tamén o meu sentir onde queira que este.
ResponderEliminar