Para construir unha casa da anta ou dolmen tés que ter un camión cunha pluma, uns cartos que che sobren, unha pedra que dea o pego e un gusto especial.
Para construir unha casa de antes tés que ter un respecto polo antigo, uns cartiños pero non tantos, conservar o material de antes e tratar con gusto e cariño o entorno.
As dúas casas son veciñas, unha dunha beira do regato e a outra da outra beira.
un gusto especial di...
ResponderEliminar[paideleo, ás veces gustaríame ir pendurada da túa mirada]
En Antas temos casas de antes (e algunhas son de agora).
ResponderEliminar[ten tino, non movas moito os ollos, que pode caer Zeltia]
Encántanme as casas de antes, reparadiñas y coidadas. En Portugal hai un estilo que tamén me gusta moito, son esas casas con ventás moi altas, con os marcos decorados. Mais as mais bonitiñas son as de pedra e madeira.E por esta Galicia nosa hai moitas. ¿O meu soño? Reformar una delas!
ResponderEliminarBicos
As casas de antes teñen un encanto especial. O malo é que en moitas aldeas xa non queda xente que as manteña en pé, en bo estado. Ou non queda xente, que é o malo.
ResponderEliminarSaudiños
Claro, especial non significa bó.
ResponderEliminarGústanme as casas de antes. Gústanme moitas cousas de antes. Non sei si iso é bó ou non, pero é o que hai.
Bicos
Aínda ben, porque teño visto por esa zona (e o Berbés e o Barbanza) terroríficas casas-partenón, con frontóns e columnas a eito.
ResponderEliminarOxalá nunca se perda o amor polo noso, polo que nos conforma coma pobo, polo que nos dá as nosas raiceiras.
ResponderEliminarPregúntocho outra vez. ¿Cómo o fas?.
ResponderEliminarNon sabería con cal desfeita quedarme si tivera que votar.
Bicos.
Quédome coa casa de antes, e aque máis me gusta.
ResponderEliminarBicos!
Vai dous estilos tan diferentes, mimadriña, son bastante chocantes, a verdade. Eu quédome coa foto primeira, porque o Villa San Simón prodúceme picores.
ResponderEliminarBiquiños,