Páxinas

martes, 9 de novembro de 2010

Coellas e verzas


Chove e esta chuvia alimenta a natureza. Van arriba as humildes coellas ( verba que cría non existía nos diccionarios ) e transfórmanse nas xigantes verzas.
Bo tempo para comer quente e probar as primeiras zarrotas !.



13 comentarios:

  1. As verzas, son para os animais, non?
    Nisto ando un naquiño perdida,jejeje

    E o das zarrotas, tiven que ver o qu eran. Despois de saber que son setas, podoche decir que encantanme. E teño pena de non saber collerlas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. outra palabra nova para min: coellas
    para mín son verzas todas [e coles]

    ¿viches que o enlace que nos leva ás zarrotas é xusto de hai un ano?. Claro, tampouco ten tanto misterio,
    estamos no tempo

    [dicíache o ano pasado que pena que nas comesen cando a postguerra que pasaban tanta fame, segundo me contaron os meus maiores]

    ResponderEliminar
  3. Coellas tamén lles chamamos por aquí en vez de zarrotas, dicimos zarrotes.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Tampouco coñecía a palabra coellas, salvo para chamar ás femias dos coellos, claro.
    Estame dando moita envexa ver os blogs dos galegos, que nestes tempos falades de cogumelos (ou zarrotas), castañas, xa pronto de cocidos... Ay, canto hai que aguantar!

    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Non coñecía o termo de zarrota para min eran cogomelos (ou cogumelos?).
    Verzas de sempre.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Uns recollen as verzas; outros recollemos as túas/nosas palabras.

    ResponderEliminar
  7. Pois mira que teño eu pouca cultura rural e esta foto aínda me lembra ás hortiñas que cando eu era pequeno resistían nos arrabaldos de Ferrol. Agora xa non debe quedar nin unha. Boa sorte coas zarrotas.

    ResponderEliminar
  8. Bos días!
    Eu teño un pequeno huerto e alí tamén planto algunhas cousiñas.
    Non sabía o das coellas,eu tamén lles chamo verzas.
    Grazas

    ResponderEliminar
  9. Eu sempre teño dúbidas sobre o nome, sobretodo porque o compañeiro chámalle grelos só aos de Santiago e eu tamén llo chamo ao nabicol (é a 1ª foto, non?).
    E despois tamén se ri de min porque el chámalle verza ao que eu digo verdura de col (foto 2).
    Falando de zarrotas, a ver cando nos dás unha clase e nos aprendes o que sabía Dositeo! Hai que por día e hora.

    ResponderEliminar
  10. hahahaha!!! Na miña zona Noia-Lousame... non hai dúbida: Son Coles!!

    ...e por certo... aínda que agora soense empregar para alimentar os porcos e galiñas... miña nai lembra, nos anos da fame, que se escollían as follas máis tenras (a do interior da planta) para facer o caldo.

    ResponderEliminar
  11. El otro día compre una pequeña revista de la federación galega de micoloxía con el titulo de tarrelos, sorprendida busque el diccionario este nuevo nombre para las setas pero comprobé que solo tiene que ver con las setas su significado- Tarrelo, bajo, retaco, de escasa altura
    Bicos
    Avoa Cris

    ResponderEliminar
  12. Vaia, eu penséis que coellas quería decir Conejas. ¡Que cousas!
    Biquiños,

    Maravilla de loaira e de foto; semilla para un concurso. Pero o mellor de todo seguro foi a boa compaña.

    Biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?