Páxinas

mércores, 1 de decembro de 2010

Mea culpa


Merezo levar o nome dos nobres animais enganchados ao camión da foto. Fun levado pola sorpresa e despóis a dúbida de quen sería a miña inimiga e logo pasei á vinganza por algo que foi un erro.
Apana errou cando trascribiu un texto dun blogo ao seu diccionario de insultos e onde saía paideleo como colaborador meteume como sinónimo dun insulto ( compróbao na palabra mortenegra ).
Así que pido desculpas a quen se sentiu ofendido e penso que é millor facer borrón e conta nova.
O que podo facer é descifrar os insultos que escribín e que apana non merece e que merecen estar nesa listaxe de insultos.

marrecas: xorobeta
monxa: que as mata calando
borboleta: muller indecisa
mangoeira: muller pouco traballadora
lapacricas: persoa arrastrada
flatosa: presumida sen ter razón
fervellica: muller inquieta
fachada: con labios leporinos
salgarita: inquieta e fuchicas que todo sabe facer ou iso di

7 comentarios:

  1. É curioso comprobar como moitos dos unsultos levan asociadas condicións femininas ou fan referencia ás mulleres.

    Debíase facer unha rectificación nos diccionarios e no noso vocabulario, pois desvirtúan a imaxe das mulleres.

    ResponderEliminar
  2. ->Cachazudo e prosma non son exactamente sinónimos segundo o dicionario Estraviz

    http://www.estraviz.org/cachazudo,

    ->O dicionario da RAG pon:
    SIN. calmoso, descansado, flegmático, lento, pachorrento, pánfilo, parsimonioso.

    ->Mortenegra non ten entrada nin no dicionario de Estraviz, nin no da RAG

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Non sei que pasou pero os insultos levan todos (ou case) connotacións femininas, por o que, como castigo, terás que achar outros masculinos.
    ¿Non?
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Pois que "mexe" a culpa logo. E ti non te flaxeles moito, que aquí non se trabuca o que non ten teclado.

    Apertas

    ResponderEliminar
  5. jaja, que arroutado és!
    xa fun ver o de famenegra.
    teño difícil insultar en galego, moitísimos insultos que non coñezo, nin agora por telos lido os vou lembrar cando os precise ;-)

    ResponderEliminar
  6. Venme ben, non coñecía moitos insultos en galego. E de todo teño que aprender,non?

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Que tal cachazudo?!! Xa vexo que na miña ausencia culturizacheste de carallo... Non está mal isto destes nomes, o que si me gusta é que non borraras o posteo anterior. Temos que ser consecuentes cos nosos actos, non coma outros que poden chegar a negar o que dixeron (caso políticos, por exemplo).
    En fin, voume preparar para facer o camiño de Santiago dende Tui. Xa levo uns insultiños preparados para cajarme na choiva...
    Unha aperta

    ResponderEliminar

És humano ti ?