leoeosseus

Wednesday, 29 September 2010

Folga xeral


Ogallá sirva para mudar a reforma laboral porque a ninguén lle gusta un día así.
Eu non libro coma os " florasteiros " vigueses da foto: a min tócame cumprir servizos mínimos pola tarde .

Labels:

Monday, 27 September 2010

Catro anos


Pois si. Pasan os días, as semanas, os meses e os anos e o Leo chegou ao seu cuarto aniversario.
Levaba uns días repugnante, canso, caprichoso e cuns medos extraños que non o deixan ir ao comedor do colexio nin montar en atraccións de festa nin ver de cerca aos cabezudos da festa.
Pero hoxe parece que rexurdiu con alegría e bo humor e cántalle o " Cumpleaños feliz " a quen o felicita por teléfono.
Gústame o neno alegre que di cousas como esta que lle dixo á bisavoa Celia: " Aora non que eres velliña. Pero cando seas máis nova podes subir á miña casa que ten muuuuitas escaleiras ".

E mañá inda ten a festa cos compañeiros de clase no parque de bolas !.

Labels:

Wednesday, 22 September 2010

Case apeto







Explícome. En Arbo, cando os tomates rebentan de calor e maduros din que os tomates " apetan ". Eu case apeto porque me puxen colorado coma un tomate maduro cando Eva G. Rei me deu o premio " Vale a pena ficar de olho nesse blog ! ". Había tempo que non me daban un premio e o millor de todo e que me incluiu nunha lista ben boa.











Graciñas por esta chiscadela virtual !.



Agora queda distinguir dez blogos que merezan esta distinción segundo o meu criterio.


























Por suposto que hai máis pero teño que peneirar ata deixar dez e escollo estes. Nestes blogos podes topar fotos, información, arte, vida sinxela e sorrisos.

Labels: , ,

Saturday, 18 September 2010

Blogomillo no camiño a Arbo


No camiño a Arbo hai detalles que me fan lembrar o blogomillo. Un é o nome dunha empresa " Grania " que me fai lembrar a capital da que son rei nun libro de rol escrito por un blogueiro. Aquí está a proba de que non minto.



O cartaz de L&M faime lembrar ao blogo do mesmo nome. Será casualidade ou será relidade ?.


E como non todo vai ser interrede nin gaitas poño a foto dun amaño enxeñoso mui típico de aquí. Que non tés sitio para montar unha barbacoa ?. Pois nada: montas un voadizo enriba do camiño e chántala aí.

Labels: ,

Thursday, 16 September 2010

Vendima 2010


Empezamos por albariño e treixadura para facer viño branco da casa. Outro día vendimamos albariño para a adega. Despóis quedará a treixadura para a adega e as tintas e híbados para casa.

O albariño está sanciño e roxiño e deixa as mans pegañentas do zucre que ten.


O conxunto das uvas amarela-verdosas, o verde das follas filtradas pola luz solar, o azul do ceo e o marrón das videiras dan colorido á vendima.

Este ano hai cantidade abonda.




O Leo come uvas e xoga con plastilina nunha toalla ou sentado nunha caixa. Está tranquilo e ten detalles simpáticos como cando mirou un munico cheo de uvas e preguntou se eran todas para comer el.
E seguiremos coa vendima algúns días máis.

Labels: , ,

Friday, 10 September 2010

Meme dos 1103 posteos

Fun invitado polo amigo e blogueiro Chousa da Alcandra a responder un meme e aquí estou.

Puxen ese número 1103 usando algo de trampa. Do primeiro blogo que tiven mandei 450 anotacións, anque algunhas son só fotos con pé de foto que era o sistema de subir fotos de Picasa ata agosto do 2005. 450 posteos máis 653 deste blogo fan un total de 1103 posteos.

E agora paso ao meme.



Canto tempo levas como blogueiro ?

Empecei hai máis de cinco anos. Exactamente o día 22 de abril de 2005 co blogo que escribín na miña etapa norteamericana.

Como te enteiraches da existencia dos blogos ?

Pois non sei como. Creo que mirando en Vieiros que falaban da existencia do blogomillo. Entrei nas ligazóns e gustoume en xeral e un día que estaba no paro e aburrido animeime e empecei a escribir.


Cinco blogues que sigo diariamente ou con moita frecuencia.

Son máis de cinco, por fortuna. Pico nas ligazóns que acostuman a actualizar a diario ou case.


Es lector anónimo dalgún blogo?

Todo o mundo o é. Supoño que se referirá a pasar por un blogo sen comentar. Eu vou saltando de ligazón en ligazón e curioseo, sobre todo nos que teñen imaxes. Hai ocasións nas que comento e outras non.


Algúns autores que che acorden especial simpatía.

Son varios e que foron marcando diferentes etapas como blogueiro. Na miña etapa no estranxeiro marcáronme muito Peke, Torredebabel, Veloso, *Sara, Suso Lista, Nemeth, Calidonia, Paco Penas, Emereci, Ghanito, Besbe, Jan, Nébeda, etc. E logo coñecer persoalmente a varios contribuiu a darlles máis presenza emocional a estoutros: Chousa, Manolo Busto, Ángel Utrera, marcus, etc.
O bo disto é que uns marchan e aparecen outros e así están agora: zeltia, meninheira, Mer, Ana Paula, fonsilleda, abuelacris, Eva G. Rei, Carlos Sousa, F. Míguez, Aldabra, a nena do paraugas, Dilaida, etc.
En xeral caime ben o blogueiro que actualiza a miudo e que comenta.


Con que cinco blogueiros irías de esmorga?

Esmorga, esmorga; paréceme demasiado.

Gústanme as xuntanzas como as que fun en Santiago e en Agolada e repetiríaas.


Con que blogueira pasarías unha noite de loucura sexual?

Por favor: a muller, algúns familiares e amigos len isto.


Namorácheste algunha vez dalgunha blogueira?

Non, non creo que estea eu en idade de namoramentos. En todo caso remítome á anterior resposta.


Estás satisfeito co teu blogo?

En xeral, si. Polo menos podo falar do que me peta. Eu pensei que ía deixalo pronto pero parés que non.

Algunha vez estiven tentado a deixalo pero seguín. Iso si, cando o deixe vou avisar e non me vou despedir á francesa.


Espallar este meme entre 3 e 5 blogs

Voullo pasar a Falabarato, Magago, o náufrago, meninheira e L&M; a ver se se animan.





E de agasallo un capítulo de " O galego é fácil " ofrecido neste caso pola Deputación da Coruña. Do plural " infantís " tiramos o singular " infantí ". É importante non esquecer o til para que non semelle unha errata.

Labels: , ,

Thursday, 9 September 2010

E pasa o tempo


Reflexiono sobre o paso do tempo e descubro que un blogo é unha ferramenta útil para constatar o paso do tempo e así o ovni que voaba na entrada de Vigo no ano 2006 desapareceu e aterrou para a miña sorpresa nas terras dun concello ourensán.
Este vo pode representar a crise que vivimos nestes tempos: antes criamos voar polo espazo e agora sufrimos a caída na realidade.



Labels:

Sunday, 5 September 2010

Se non queres...

Se non queres desfrutar de augas mornas e tranquilas...




Se non queres practicar para tirar boas fotos...












Se non queres descubrir calas e praias solitarias...




Se non queres admirar " Gary-muxos " de tamaño colosal...








Se non queres marabillarte con cons de formas curiosas...




Se non queres ter varias opcións para non levar bañador á praia...





Se non queres ser tentado por carteis simpáticos...




Se non queres solpores magníficos...




Pois non vaias a punta Carreirón, na illa de Arousa. Estás avisado.

Labels: , ,