Páxinas

luns, 10 de xaneiro de 2011

A columna do saber


Hoxe o Leo estreou cole que o vello van tiralo. No vello cole estudei eu e ten columnas como esta. Nunha ocasión tapei os ollos e quixen probar como facían os cegos para desprazarse pero rematei petando contra a columna. De resultas diso rompín un dente e botei unha longuísima tempada indo a un dentista. Esa foi a parte mala da historia da columna do saber. A parte boa foi que miña nai me mercaba " Joyas literarias juveniles " para amenizar a espera na consulta e a viaxe en autobús e esa foi a parte boa porque gracias a iso collinlle afección á leitura e muito do que hoxe sei débolle a unha columna destas.
Vaia este posteo por esa columna que lle queda pouca vida.

14 comentarios:

  1. Esta historia contraponse á de "ti es parvo ou caeches dun piñeiro de pequeno"; agora hai que explotar outra: "ti es así de listo de teu ou petaches cunha columna".
    Supoño que xa o farías, pero segue a tirarlle fotos ao cole vello, que é o que nos vai quedar.

    ResponderEliminar
  2. Mira tí que non lle acae mal a unha columna do saber estar nun colexio!!

    gustoume moito esta historia.
    E estou pensando eu... que aínda pensas, porque non é moi habitual que a xente relacione tan ben uns sucesos que despois van dar a algo que aparentemente non ten nada que ver.
    Me parece que me liei, que mal me explico.

    ResponderEliminar
  3. Quen lle ía dicir a columna que se che cruzou no medio que ela sería a culpable do teu gusto pola lectura. Aquilo que din "non hai mal que por ben non veña" debe ser verdade.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Haberia que gardala como monunmento a literatura es os bos momentos que pasamos cando disfrutamos dunha boa lectura.
    Fermosa historia!
    Bicoss!

    ResponderEliminar
  5. Xa me parecía a min que as columnas servían para algo máis ca para soster edificios ou esnafrar os dentes!

    ResponderEliminar
  6. Un bo xeito de convertir o muro das lamentacións en pedra filosofal.

    Apertas

    ResponderEliminar
  7. Non lle foi só a columna. Recoñeza que as Joyas literarias juveniles (que eu tamén devoraba) eran unha maravilla.

    ResponderEliminar
  8. Hai golpes que dan a vida e fan espabilar. Este é un exemplo ben ilustrativo. No Lazarillo de Tormes, Lázaro aprende a primeira lección cando recibe o golpe do cego contra o touro de pedra que hai na entrada de Salamanca: "o criado dun cego un punto hai de saber máis que o demo".
    Fermosa homenaxe e recordatorio dunha columna.
    Moitas apertas para os catro.

    ResponderEliminar
  9. Non só che ensinou o difícil que é andar pola vida sendo cego, senón que tamén che transmitiu indirectamente a afección á leitura. Esa columna merece un indulto.

    Bicos

    ResponderEliminar
  10. E unha magoa,eu inda boto en falla o antigo colexio prefabricado onde pasei case toda a miña EXB...Alédome de que a lectura de esa obra de Bruguera abrise a túa mente a lectura. Apertas, coidádevos

    ResponderEliminar
  11. "A letra con sangue entra" viches como era certo
    Saúdos

    ResponderEliminar
  12. Leote no de Aldabra:
    e estás moi equivocado, paideleo:
    do desamor nacen as mellores cancións,
    os poemas mais sentidos.
    Na cúspide do amor, un só ten tempo para amar,
    non para palabrería.

    ResponderEliminar
  13. Tamén lle podías chamar a columna do dentista.

    ResponderEliminar

És humano ti ?