Páxinas

domingo, 16 de xaneiro de 2011

Pascuala, a ra


Ao Leo tocoulle levar para casa a ra Pascuala, a mascota da clase. Isto da ra é unha iniciativa coa que cada fin de semana un neno leva a ra para a súa casa para acompañalo e despóis hai que pór fotos e escribir sobre o que fixo e a onde foi.
O Leo quedou mui contento coa súa amiga e ata por momentos esquecía ao seu amigo imaxinario Jónistan. Non a meteu na piscina e na cama porque non quixo pero levouna ao parque, á biblio, de paseo e a Arbo e agora Pascuala dorme na súa bulsa esperando a mañá para volver ao cole e o Leo na súa cama cunha tose e unha voz rouca que non o deixou desfrutar ao cen por cento de Pascuala. Aínda así non deixou de inventar historias mentres debuxaba aos habitantes de Fondo de Bikini: Bob Esponxa, Patricio, Calamardo, señor Cangrexo, Plankton e Perla. E aínda tivo imaxinación para inventar a árbore " paspallón " que empeza coas follas amarelas e marróns e cando cambian a verdes cain.
Imaxinación ao poder !.

11 comentarios:

  1. Qué boa esta iniciativa da escola. Por un lado teño ganas de vivir estas experiencias con Laura pero por outro penso ¡qué non medre tan rápido, por favor!

    A Laura tamén lle gusta Bob Esponxa, pero de momento creo que pola cor e pola música do comenzo.

    ResponderEliminar
  2. Bicos para Leo que está moi guapo.

    ResponderEliminar
  3. Esta jhuapo o Leiño, sí señor!.
    Gustame moito eso da arbore "paspallón". Se é solo del, vai para filósofo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Incrible a imaxinación dos nenos..como se nos olvidan esas cousas.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  5. Muito interessante estas iniciativas. O Leo está lindo. E grande... A minha neta também está muito crescidinha. Começou agura a descobrir as palavras, não se cala. Fala, Fala, metade das coisas não entendo, quando fala muito depressa parece um chinezita. Mas claro ela ainda não tem 2 anos.
    Um abraço e tudo de bom para vós.

    ResponderEliminar
  6. Non sei quen de volos dous disfrutaría máis coa rá pascuala...
    Parece unha actividade estimulante o de levar a ra e contar as cousas e todo iso.
    Eu se fora ó cole do Leo estaría desexando levar a rá.

    ResponderEliminar
  7. Tiveron sorte coa ra Pascuala, que non era de verdade; á señorita Kaplan tocoulle unha vez traer a tartaruga Manchitas, que estaba viva e habitaba unha caixa con auga.

    ResponderEliminar
  8. Foi xenial a saída do Leo o outro día, cando chegamos a tomarlle algo a un bar e comezamos a xuntar cadeiras para nos sentar. E nesto, o neno, que non se esquecía nin un segundo da súa compañeira, dixo: "falta unha para Pascuala". E alí a puxo, sentadiña á mesa.
    Iso son atencións, e non outras.

    ResponderEliminar
  9. unha foto encantadora.
    bicos para os dous.

    ResponderEliminar
  10. E que lle contaría a ra Pascuala ós outros nenos sobre a súa finde co Leo?
    P.D. O rapás está ben guapo!

    ResponderEliminar
  11. Sí que é boa iniciativa, si. Xa me fago idea do ledo que estivo o Leo coa rá.

    Apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?