
Ao Leo tocoulle levar para casa a ra Pascuala, a mascota da clase. Isto da ra é unha iniciativa coa que cada fin de semana un neno leva a ra para a súa casa para acompañalo e despóis hai que pór fotos e escribir sobre o que fixo e a onde foi.
O Leo quedou mui contento coa súa amiga e ata por momentos esquecía ao seu amigo imaxinario Jónistan. Non a meteu na piscina e na cama porque non quixo pero levouna ao parque, á biblio, de paseo e a Arbo e agora Pascuala dorme na súa bulsa esperando a mañá para volver ao cole e o Leo na súa cama cunha tose e unha voz rouca que non o deixou desfrutar ao cen por cento de Pascuala. Aínda así non deixou de inventar historias mentres debuxaba aos habitantes de Fondo de Bikini: Bob Esponxa, Patricio, Calamardo, señor Cangrexo, Plankton e Perla. E aínda tivo imaxinación para inventar a árbore " paspallón " que empeza coas follas amarelas e marróns e cando cambian a verdes cain.
Imaxinación ao poder !.
Qué boa esta iniciativa da escola. Por un lado teño ganas de vivir estas experiencias con Laura pero por outro penso ¡qué non medre tan rápido, por favor!
ResponderEliminarA Laura tamén lle gusta Bob Esponxa, pero de momento creo que pola cor e pola música do comenzo.
Bicos para Leo que está moi guapo.
ResponderEliminarEsta jhuapo o Leiño, sí señor!.
ResponderEliminarGustame moito eso da arbore "paspallón". Se é solo del, vai para filósofo.
Apertas
Incrible a imaxinación dos nenos..como se nos olvidan esas cousas.
ResponderEliminarBicos!
Muito interessante estas iniciativas. O Leo está lindo. E grande... A minha neta também está muito crescidinha. Começou agura a descobrir as palavras, não se cala. Fala, Fala, metade das coisas não entendo, quando fala muito depressa parece um chinezita. Mas claro ela ainda não tem 2 anos.
ResponderEliminarUm abraço e tudo de bom para vós.
Non sei quen de volos dous disfrutaría máis coa rá pascuala...
ResponderEliminarParece unha actividade estimulante o de levar a ra e contar as cousas e todo iso.
Eu se fora ó cole do Leo estaría desexando levar a rá.
Tiveron sorte coa ra Pascuala, que non era de verdade; á señorita Kaplan tocoulle unha vez traer a tartaruga Manchitas, que estaba viva e habitaba unha caixa con auga.
ResponderEliminarFoi xenial a saída do Leo o outro día, cando chegamos a tomarlle algo a un bar e comezamos a xuntar cadeiras para nos sentar. E nesto, o neno, que non se esquecía nin un segundo da súa compañeira, dixo: "falta unha para Pascuala". E alí a puxo, sentadiña á mesa.
ResponderEliminarIso son atencións, e non outras.
unha foto encantadora.
ResponderEliminarbicos para os dous.
E que lle contaría a ra Pascuala ós outros nenos sobre a súa finde co Leo?
ResponderEliminarP.D. O rapás está ben guapo!
Sí que é boa iniciativa, si. Xa me fago idea do ledo que estivo o Leo coa rá.
ResponderEliminarApertas