Páxinas

xoves, 3 de febreiro de 2011

Butrón


Vilaguindastre está nun cruce de cinco camiños e en todos menos un topamos un club ou máis.
Coa nova lei proibindo fumar nos locais públicos ata as traballadoras dos clubes saen fóra para botar un pito. É unha imaxe ben curiosa e incongruente porque a maioría das mulleres están de maneira irregular no país pero si cumpren a lei antitabaco.
Outra curiosidade: a pintada de " butrón " na parede do club fíxose antes da lei. Supoño que o grafiteiro estará agora contento porque non ten que facer un butrón para ver as mulleres que traballan dentro.

6 comentarios:

  1. Moi bo! A de cousas que están a cambiar con esta lei...por moito que lle den voltas para min ten cousas moi positivas.
    Esta según comos e mire e que mire pode ser unha desas cousas positivas da lei.
    Felicidades por esa neniña!
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Pois agora que saen fora o mesmo teñen máis clientes. Tes razón que é unha contradición que teñan que saír a fumar ao exterior para cumprir unha lei e que ao mellor nin sequera teñan papeis.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. sabes que con esta lei vanse recuperar vellos costumes?
    si, si,
    coma ese de porse a falar uns cos outros na rúa
    ti non tes observado como diante dun hotel, ou dun restaurante, os fumadores saen sós, e ó pouco xa están falando entre eles...
    agora é do fillos de puta que son sacando esta lei tan inxusta,
    e de que vai frio na rúa
    do futbol
    da política
    pero terminarán contando da súa vida, e facendo amigos
    e ligando, claro.
    eche o que hai

    ResponderEliminar
  4. Ri-me bem com este teu post!

    ResponderEliminar
  5. Iso de cumplir a lei antitabaco polas inmigrantes ilegais é como os que teñen colesterol altísimo e poñen unha tirita cando se cortan nun dediño...

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. De : Beato Darzádegos
    A : Paideleo

    Bos días amicus:
    Un deses anacronismos que tiñan que chegar, case, case sonche un oximorón poético en prosa.
    Moi bo o teu agudo pensamento.
    ¿Pero o que non entendo ben e o "tópico" que intenta dicir ca tirita Chousa de Alcandra. Home, por entender enténdese mais, non por iso van a deisar de telo (o colesterol). Sonche tópicos de isas xentes que pensan que doando sangue xa limpan?.Ollo cos tópicos!...Agora ben, se é un símil coma ise da xente grosa que toma o café con sacarina, pois está ben.
    Boas mañás a tudos.
    Deica logo amicus.
    (as veces emprego "u",onde é "o", outras "i" onde é "e"; é por amolar e dise xeito lembrar coma falan as xentes,algunhas , do redor de "Vijo", e de outros lares tamén. )

    ResponderEliminar

És humano ti ?