Páxinas

domingo, 27 de febreiro de 2011

Cincuenta e tres meses


Aí está o Leo facendo o pallaso para a cámara. Leva uns días cheo de vitalidade anque con momentos que lle " doe " a barriga para non andar e que o leve a carranchas.
Segue progresando coas letras e os números e gústalle xogar a que é profesor. De saúde está ben anque a semana pasada pasou toda unha noite trousando fóra e foi a primeira vez que trousou na súa vida. Segue falando só para xogar ( non sei a que idade pode rematar este fenómeno ) e aínda está mui presente o seu amigo imaxinario Jónistan que semella ser unha mistura súa e de Noé, un compañeiriño de cole.
Empeza a asimilar que vén unha irmanciña e así ten conversas simpáticas como a do outro día. Estaba eu barbeándome e díxome Leo: " Era millor ser muller para non afeitarse ". Eu díxenlle: " Si, pero ser muller tamén é difícil. Teñen que traer nenos e dá muito traballo levalos na barriga e despóis". O Leo dime: " Pero a nosa muller non vai ter máis fillos". Eu sorprendinme: " A nosa muller ? . E quen é ? ". E Leo todo cheo soltoume: " Ana ".
E hoxe xa explicou que non ía ter máis fillos, só fillas. Non hai quen lle retruque.

11 comentarios:

  1. Non empregamos moito o verbo "trousar" por esta Terra do Medio; de feito tiven que ir ó diccionario para confirmar o que o contexto me indicaba.

    Coidade moito á vosa muller jajaja. Estivo moi atinado o Leo nesa xogada.

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Que grande está este cativo xa. A miña trousou o primeiro ano tanto que xa trousou abondo para o resto da vida.
    Tampouco por aquí se di trousar.
    Todos esperamos contentos esa meniña.

    ResponderEliminar
  3. Elogo ti que pensabas? Que a muller era só túa? ... Inocente...
    Que se poña bo e non trouse máis. Mira que ser a primeira vez! Iso é unha sorte. Xesús trousou dende os cinco meses ata o ano e medio. Era coma unha fonte; cando comezaba non paraba máis. Uxía, como foi máis lambona, non vomitaba nunca. Ghardaba todo o que comía.

    ResponderEliminar
  4. ¡Vaiche crecido ho! Xa é un mozo de ferro.
    Aprendín unha nova berba. Gracias
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Então o Leo vai ter uma irmã?!
    Muitos parabéns a todos!

    ResponderEliminar
  6. trousar! non escoitara tal.
    gústame moito esta foto do leo! que grande vai e como razoa, viches? o da vosa muller é unha anécdota para contar cando sexa adolescente diante dos amigos e que morra de vergoña jajaja

    Estes posts das conversas túas co Leo encántanme!

    ResponderEliminar
  7. Leo está moi fermoso e que ben razoa.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Non sei se me liches o pensamento, cando comentaches á mañá no meu blogue eu acababa de darme un paseo por aquí, pero sempre me pasa igual, teño que cambiar de contas para comentar e o comentario queda na cabeciña.
    O leo está ghuapo e grande. :)

    ResponderEliminar
  9. O Leo está ben fermosote, pero iso da vosa muller... Ha! Coidádea moito, si?

    ResponderEliminar

És humano ti ?