Páxinas

mércores, 9 de febreiro de 2011

"L" oculto


Hai polo menos dous blogos que falan do erro gramatical de leite " galega ". Eu penso que aí non di " Galega 100% " senón " Gallega 100% ". Hai un "L" oculto no debuxo do leite caíndo. Parece como se os publicistas quixeran quedar a ben con deus e co demo.

11 comentarios:

  1. pois vas ter razón.
    pero non caíron na conta da diferencia do xénero.
    eche difícil nadar e gardar a roupa... ó final non se contenta a ninguén.

    ResponderEliminar
  2. a min o logo non me presenta dúbida ningunha: di "gallega". porque, en realidade, os publicistas non teñen falta quedar ben con deus e co demo. con quedar ben co demo chégalles.

    ResponderEliminar
  3. Penso que tes toda a razón.Tamén vexo gallega.
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  4. Di Gallega. Se non me trabuco se fora en galego diría o leite galego, ¿ou non?

    ResponderEliminar
  5. Coincido con todo, pois alguén esqueceu que LEITE é unha palabra de xénero masculino...

    Claro que por aquí o do galego non se leva moi ben que digamos...

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  6. Si, agora veñen dicindo que se referían "á marca" galega. Entón para que raio esoutra L oculta?. Eu penso que non se pode repenicar e máis ir na procesión.

    Apertas

    ResponderEliminar
  7. O folleto que sacaron explicativo está cheo de erros.
    No meu blog Dúbidas sobre a lingua teño unha entrada sobre eses erros http://airareymarisol3.blogspot.com/

    A min o que me ten "mosqueada" é que ninguén da oposición fala diso, eles gastan os cartos dos galegos en folletos cheos de erros, utilizando a lingua incorrectamente, e aquí como se non parase nada.
    E si, estou de acordo contigo en que é un L disfrazado.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. Sinxelamente eu véxoo bilingüe, si é iso
    Avoa Cris

    ResponderEliminar
  9. Que malos sodes: erros pode telos calquera...
    Pero tantos e tan graves?
    Por desgraza non é o único "produto galego de calidade" mal chamado
    http://www.blogoteca.com/snlredondela/index.php?cod=87944

    ResponderEliminar
  10. Vai ser que si. En publicidade cóidase cada detalle. Alguén decidiu enviar unha mensaxe ambivalente. Ui!

    ResponderEliminar

És humano ti ?