Hai polo menos dous blogos que falan do erro gramatical de leite " galega ". Eu penso que aí non di " Galega 100% " senón " Gallega 100% ". Hai un "L" oculto no debuxo do leite caíndo. Parece como se os publicistas quixeran quedar a ben con deus e co demo.
pois vas ter razón.
ResponderEliminarpero non caíron na conta da diferencia do xénero.
eche difícil nadar e gardar a roupa... ó final non se contenta a ninguén.
a min o logo non me presenta dúbida ningunha: di "gallega". porque, en realidade, os publicistas non teñen falta quedar ben con deus e co demo. con quedar ben co demo chégalles.
ResponderEliminarPenso que tes toda a razón.Tamén vexo gallega.
ResponderEliminarBiquiños!
Di Gallega. Se non me trabuco se fora en galego diría o leite galego, ¿ou non?
ResponderEliminarCoincido con todo, pois alguén esqueceu que LEITE é unha palabra de xénero masculino...
ResponderEliminarClaro que por aquí o do galego non se leva moi ben que digamos...
Un saúdo
Si, agora veñen dicindo que se referían "á marca" galega. Entón para que raio esoutra L oculta?. Eu penso que non se pode repenicar e máis ir na procesión.
ResponderEliminarApertas
O folleto que sacaron explicativo está cheo de erros.
ResponderEliminarNo meu blog Dúbidas sobre a lingua teño unha entrada sobre eses erros http://airareymarisol3.blogspot.com/
A min o que me ten "mosqueada" é que ninguén da oposición fala diso, eles gastan os cartos dos galegos en folletos cheos de erros, utilizando a lingua incorrectamente, e aquí como se non parase nada.
E si, estou de acordo contigo en que é un L disfrazado.
Bicos
Sinxelamente eu véxoo bilingüe, si é iso
ResponderEliminarAvoa Cris
Que malos sodes: erros pode telos calquera...
ResponderEliminarPero tantos e tan graves?
Por desgraza non é o único "produto galego de calidade" mal chamado
http://www.blogoteca.com/snlredondela/index.php?cod=87944
Terás razón.
ResponderEliminarVai ser que si. En publicidade cóidase cada detalle. Alguén decidiu enviar unha mensaxe ambivalente. Ui!
ResponderEliminar