Páxinas

mércores, 23 de marzo de 2011

Actualizando

Levo uns días sen escribir e a culpa, para que negalo, é a falla de inspiración. A iso hai que sumarlle o cambio de horario no traballo que me ocupa boa parte do día e que fai que lle lea contos a Leo na cama e remato durmido coma un bendito. Cando esperto o menos que me apetece é porme co ordenador así que vou á cama sen actualizar e apenas toco a interrede.


Iso si, todo segue o seu ritmo e así a nena vai progresando na súa burbulla.


Pasou o día do pai co fermoso agasallo de Leo.



Non foi un tsunami nin unha guerra no mundo árabe pero, desgraciadamente, a miña cámara de fotos morreu.











Pero, a pesar de todo, seguirei co blogo como a poética promesa escrita nunha porta dunha casa abandoada.





11 comentarios:

  1. Uishhh parece unha despedida. Non se te ocurra marcharte eh!

    ¿Cuando nace a nena? E que eu as fotos das eco non as entendo nunca,jeje

    Bicos e sigue con nós ;))

    ResponderEliminar
  2. Todos andamos un pouco ocupados e como o blog é un pasatempo no se atende.
    Por aquí estaremos para cando podas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Volta rápido!

    PS - Quanto àquela flor, foi efectivamente tirada em finais de Setembro... e como era tão linda escolhia para "anunciar"a Primavera!
    Fizeste um reparo oportuno. Obrigado.

    ResponderEliminar
  4. A ti pásache como a min cando a nena era pequecha; que a ía durmir e acababa durmindo eu.
    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Vaia, cantas cousas tirando de un para que o blogue non ande.
    Espero que ademais non lle suceda o que ao meu blogue, que me pecharon os de blogger e ao final tiven que abrir con outro enderezo, aínda que afortunadamente coa maior parte dos textos.
    Terá a amabilidade de tomar nota do novo enderezo?

    ResponderEliminar
  6. ¡Que ben que a nena vaia ben!. O da cámara ten arreglo cun móvil.Un recordo para Leo.
    apertas.

    ResponderEliminar
  7. O primeiro é a vida real e logo a virtual. Non obstante, gústame saber que todo vai ben, o Leo e a pequeña crecendo do ventre da nai. Biquiños.

    ResponderEliminar
  8. Este Leo está feito todo un artista.
    Pois se a vida tira para que non escriba aquí, xa ve que somos moitos a tirar para que o siga facendo.
    E para fotaza a desa nena.
    Saúdos a Leo e os seus.

    ResponderEliminar
  9. Eu tamén acabo de espertar de ir durmir a cativa, pero creo que quedei durmida eu antes. E que ghusto da!
    Fermoso agasallo o do Leo. Parabéns.

    ResponderEliminar
  10. Estou segura de que sí, que volverás.
    Pero xa se sabe, un "ten días"

    ;-)


    Felicidades por medrar a nena con saúde, polo agasallo do Leo, e porque existan portas con pintadas nas que reparar.

    ResponderEliminar
  11. Mellor vivir un conto co Leo que andar a deixar contos... aínda que os botemos de menos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?