Páxinas

martes, 5 de abril de 2011

Aclarando termos


As vosas peticións piden resposta así que vos deixo unha foto dun oitocóptero que é un oktokopter ou helicóptero de oito hélices. Seica ten unha estabilidade máxima no aire e serve para cargar unha cámara e filmar dende o aire. Non é un invento galego ( supoño ) e só ten de galego o nome que lle puxen eu. A foto topeina na interrede porque eu non posúo un becho destes.

E a imaxe do posteo anterior retrata unha trituradora de uva como podes comprobar aquí.

Espero aclarar dúbidas.

6 comentarios:

  1. Penso que por existir aparellos coma este foi polo que naceu a expresión "manda carallo"!

    ResponderEliminar
  2. Xa me parecía a min que era unha moxega ou trituradora de uva como ti lle chamas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Haiche inventos ben curiosos! E grazas pola aclaración.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Obrigado pela explicação.
    Ao ver o filme "Mar Adentro" sempre me pus a pensar como filmaram o "voo" do Ramon até até ao mar....- agora fiquei a saber!

    ResponderEliminar
  5. Concordo con Chousa, arre carallo!
    Mesmo parece un becho doutra galaxia...
    O que ti discorres!

    ResponderEliminar
  6. curioso trebello. grazas por informarnos (xa nos deches o traballo feito) :-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?