Páxinas

domingo, 17 de abril de 2011

Arde o pazo

Onte acerqueime ata Mos onde celebraban os veciños a terceira edición de " Arde o pazo ": unha festa onde recrean a chegada das tropas napoleónicas á zona en abril de 1809. O día estaba espléndido para a festa e había xente vestida de campesiños da época, de marqueses e de franceses. Tamén había mercadillo e postos de artesanía e gastronomía. O Leo asustouse un chisco cos tiros e estaba o fotógrafo omnipresente.

5 comentarios:

  1. Estas reconstituições históricas são sempre momentos bons para ensinarmos aos filhos a nossa História.

    ResponderEliminar
  2. Non sabía eu desta festa!! Para o ano que vén espero enteirarme e poder achegarme ata alí.

    ResponderEliminar
  3. Dende logo mira ti ata onde chegaron os gabachos...Eu tampouco sabía dela.

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Todo o que sexa festas e celebracións paréceme ben!
    calquera cousa é bo motivo para compartir e celebrar.

    ResponderEliminar
  5. Pois non sabía eu desa festa e mira que me pilla cerca!

    ResponderEliminar

És humano ti ?