Páxinas

domingo, 1 de maio de 2011

Lendo no insomnio


Ultimamente ando co sono trastocado: quedo durmido cedo con Leo léndolle os contos e logo a media noite non teño sono. Dou voltas e voltas na cama e remato erguéndome para ler ou fedellar na interrede. O último libro que lin é o da foto que foi toda unha sorpresa porque xuro que eu non tiña nin a mínima idea sobre el e o autor. Podo dicir que o lin rapidamente e que é para reler con máis vagar. Ten unha estructura orixinal, inusual e atractiva para min e conta algo novo. Tamén está salpicado de frases e párrafos para suliñar e incluir na memoria e, o millor de todo; alivioume o insomnio de dúas noites.
Eu non son de recomendar libros pero este estou animado a recomendalo.

12 comentarios:

  1. Resulta curioso. Onte chamoume a atención este título e tiven o libro na man. Non o merquei debido a que teño na parrilla de saida pendente de lectura dous libros e medio...(estou feito un lacazán).
    Ollo co insomnio. Seica quita o sono.
    Apertas dende Antas

    ResponderEliminar
  2. Não fiques na cama às voltas.
    Levanta-te e vai ler até à sala... olha que resulta!

    ResponderEliminar
  3. No o coñezo, pero tereino en conta cando merque o seguinte libro.
    Hai que vixiar ese insomnio pode converterse nun costume e despois é moi difícil saír.

    ResponderEliminar
  4. Outro para a lista do verán. Vaime medrando de máis e non sei se darei feito! Pero tentareino.

    ResponderEliminar
  5. Tomo nota!
    Grazas por traelo aquí.

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén tomo nota. Grazas!

    ResponderEliminar
  7. Con un título tan suxerente, calquera se atreve a dicir que non vai que anda enguedellado noutras lerias.

    ResponderEliminar
  8. Escoitei hai un pouco unha entrevista del na radio e espertoume curiosidade a súa traxectoria vital, a súa enerxía e desexos de vivir unha vida que mereza a pena.

    Contou unha anécdota que me fixo rir e pensar á vez: (que non é incompatible)
    Resulta que el ten unha amiga francesa que non fala moi ben o español.
    Foi á carnicería mercar tenreira e dixo:
    - Me pone cien gramos de ternura?
    E o carniceiro, ben riquiño el, díxolle:
    - Si tuviera de eso te regalaría kilo y medio!

    ResponderEliminar
  9. Si, eu tamén escoitei unha entrevista del en Radio3, gustoume, aínda que tamén teño libros atrasados.

    ResponderEliminar
  10. Ese título é unha boa declaración. Haberá que mergullarse nel, non vaia ser que veña o insomnio ese e me pille sen recursos. Ademais, a anécdota que conta Zeltia é deliciosa.

    Apertas entre letras

    ResponderEliminar
  11. Leo está moi bonitiño e polo que percibo é un aventureiro. O título é perfecto para estes momentos que conciliar o sono é difícil. Tomo nota. Un besiño

    ResponderEliminar
  12. Pois vou ter que lelo porque xa o vín recomendado en varios blogs. E xa se sabe, cando o río zona… Biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?