Mentres non nace a nena seguimos coa mesma rotina e o domingo fomos a Arbo. O avóM quería mostrarnos o patacal do Reghengo e alá fomos coa bisavoa Celia que saiu da casa despóis de muitos días pachucha e gozou destremando as patacas.
Chámalle destremar a distinguir as castes de patacas pola forma das follas, o tamaño e as flores.
Na foto de arriba está xunto a patacas Kennebec ( a bisavoa Celia chámalle Quenia ).
Na foto do medio está Leo con patacas Desirée que son roxas e boas para fritir.
Este ano están grandes porque botaron esterco de burra en canto de esterco de coello.
Este ano están grandes porque botaron esterco de burra en canto de esterco de coello.
hummm... o que eu dava para poder comer umas batatas assim!
ResponderEliminar¡Oes!, desde que me fixen horticultor,(cousas da vellez)levo polo menos un ano tentando atopar unhas patatas para a semente que son roxas por fóra e moi boas para cocer e fritir, creo que le chaman rapontiac, non estou seguro da grafia. Para a próxima tempada teño que ir por ahí a ver se as atopo.
ResponderEliminarPor certo o Leo, coido que este ano xa será qué de arrincalas.
non sabía de todas esas castes de patacas!, pero claro, se as hai de mazás, van ser as patacas menos?
ResponderEliminarque ben que o leo poida ter ese contacto co campo [xenerador de patacas], pero sobre todo coa bisavoa... [a foto da cima é para porlle un marco!]
Estás feito todo un entendido pataqueiro, eh!!
ResponderEliminarVaia plantío de patacas! E que boa pinta teñen! Se a sorte é boa, haberá patacas a fartar.
ResponderEliminar