Mentres o cheiro do fume e o ruido dos foguetes da noite máxica do san Xoán entraba polas fiestras do hospital, dentro ocorría o marabilloso milagre do nacemento de Xela.
Naceu ás tres menos vinte da madrugada e pesou 2,860 quilos.
Esta nena tranquiliña e xeitosiña deixounos a todos felices e aliviados.
Agora trátase de cuidar a familia que iso é o primeiriño neste mundo.
un milleiro de parabéns :)
ResponderEliminarFumata branca en Casadeleo con esta magnífica floriña a que chegou por San Xoán.
ResponderEliminarBenvida Xela. Un bico de Antas para ela e todos os parabéns para vos os tres
Parabéns!! Que riquiña!
ResponderEliminarParabéns os tres!!
ResponderEliminardunha seguidora do seu blog, veciña dun pobo o lado de Vilaguindastre.
Parabéns!
ResponderEliminarTes unha familia ideal :-)
Unha aperta dende o inverno.
Antón.
Moitos parabéns, é un pracer ver como vai aumentando a tribo :-)
ResponderEliminarohhhhhhhhhhhhhh e non é a cousa máis bonitiña de Vilaguindastre?
ResponderEliminarMuitos, muitos parabéns P. alédome tanto que xa a teñades no coliño...
Un biquiño enorme!!
m*
¡Carballo! que cousa mais fermosa, co seu gorriño.
ResponderEliminarEspero que todo vaia ben.
Espero que o Leo no teña ciumes.
Espero,(carajo que vello vou) que a nai dos dous nenos, teña os mimos que as parideiras queren.
E ti, paideleo, non comas as galiñas que os veciños te leven, farante mais vello.
¡Un feixe de apertas para os catro, e que sexa verdade eso de que os nenos cando nacen traen un pan debaixo do brazo.
Perdón polo alargo.
Noraboa, compañeiro. Nunca un San Xoan trouxo nada tan bo. Un bico moi grande para todos e en especial para a nai
ResponderEliminarNoraboa, é unha nena moi fermosa, parécese a Leo.
ResponderEliminarBicos para todos.
Parabéns para os tres, pero en especial para Naideleo, que ha de recibir tamén unha libra de chocolate para acompañar ese regaliño que trouxo o SanXoán.
ResponderEliminarCóidaos moito e cóidate ti tamén.
Xa me tarda collela no colo!
Hai que ver que boa noite para nacer escolleu Xela, apertas e parabéns para toda a familia dende a Selva.
ResponderEliminarUm grande abraço aos papás...
ResponderEliminarAcertei que nasceria no fim de semana!!
Iupiiiii....
mais uma vez os meus parabéns... é linda!
Parabéns para esa familia que tes e que acaba de medrar. Bicos porsuposto para a mamá que ben o merece e para o Leo que ha estar algo raro .
ResponderEliminarQue teña toda a sorte do mundo e algunha máis. Sinto non terllo desexado antes, por problemas técnicos, pero aínda vale enviarlle a sorte a ela e os parabéns aos pais por tanta beleza e tanta ternura xuntas.
ResponderEliminarCreo que todos consideramos a Xiana afillada do blogomillo.
Acabo de quedar fatal: nonn sei por que se me meteu na cabeza que era outro o nome de Xela, cando é tan bonito e sonoro.
ResponderEliminarAs miñas desculpas, a Xela cando lea isto no futuro, e agora aos seus pais.
Noraboa aos catro
ResponderEliminarOh! Parabéns familia! Xa sodes un(ha) máis :))))
ResponderEliminarQue cousa lindiña a vosa Xela, gozade co cambio de rutinas, coas vacacións e co verán con esta ledicia na casa.
Un biquiño para a mamá, o papá, o irmán grande e a pequena
Non puido buscar mellor noite para chegar a meniña Xela!
ResponderEliminarParabéns! E moitos bicos para a mamá e para Leo!
A nena é preciosa, moitas felicidades para todos en especial para Leo que xa ten á súa irmá Xela (por certo, un nome moi bonito). Un abrazo moi grande para Ana unha nai moi valente e para ti Pedro desexarche moita saúde e sorte, xa tes unha familia máis grande e hai que seguir a loita diaria. Agora o blog ten moza nova, será unha gozada seguir a estes dous irmáns.
ResponderEliminarBicos para todos.
Noraboa!
ResponderEliminarnon dou creto ó milagro do nacemento,
sempre me deixa abraiada, perplexa, reconfortada dalgún xeito, reconciliada coa Vida. a Vida Eterna. E non me refiro á que nos recomenda ou amenaza a santa igrexa católicaapostólicayromana.
¿sabes que ese día pero de hai trinta anos esperaba eu o nacemento do meu fillo? pero retrasouse ate o 27. Onte. Houbo celebración. 30 é unha cifra redondo. E díxome: Te quiero mamá, como siempre te voy a querer.
Muchas felicidades, esa personita linda y pequeñita, cuanta ternura...
Chego algo a destempo pero con toda a ledicia para vos felicitar por tan estupenda nova. Moitas apertas para os catro.
ResponderEliminarNoraboa!!! Estades a vivir unhos momentos intensos, cheos de ledicia! :)
ResponderEliminarEsa pequena tan ben feitiña ha de recolmar a casa de moitas mais risas e intres maravillosos.
Benvida Xela, leva un biquiño dende Ourense para ti e para a tua familia cheo de saude e felicidade.
noraboa a todos e moitos biquiños pequechos para Xela...
ResponderEliminarque cousiña mais bonita son os meniños pequenos.
Aldabra,
Noraboa a toda a familia por esta fermosa nena!!
ResponderEliminarPronto chegarán as miñas (sí, dúas) e espero que sexan tan tranquiliñas como parece Xela.
Bicos