Páxinas

venres, 24 de xuño de 2011

Habemus nena !!!


Mentres o cheiro do fume e o ruido dos foguetes da noite máxica do san Xoán entraba polas fiestras do hospital, dentro ocorría o marabilloso milagre do nacemento de Xela.



Naceu ás tres menos vinte da madrugada e pesou 2,860 quilos.
Esta nena tranquiliña e xeitosiña deixounos a todos felices e aliviados.
Agora trátase de cuidar a familia que iso é o primeiriño neste mundo.

25 comentarios:

  1. un milleiro de parabéns :)

    ResponderEliminar
  2. Fumata branca en Casadeleo con esta magnífica floriña a que chegou por San Xoán.
    Benvida Xela. Un bico de Antas para ela e todos os parabéns para vos os tres

    ResponderEliminar
  3. Parabéns os tres!!
    dunha seguidora do seu blog, veciña dun pobo o lado de Vilaguindastre.

    ResponderEliminar
  4. Parabéns!

    Tes unha familia ideal :-)

    Unha aperta dende o inverno.

    Antón.

    ResponderEliminar
  5. Moitos parabéns, é un pracer ver como vai aumentando a tribo :-)

    ResponderEliminar
  6. ohhhhhhhhhhhhhh e non é a cousa máis bonitiña de Vilaguindastre?

    Muitos, muitos parabéns P. alédome tanto que xa a teñades no coliño...

    Un biquiño enorme!!
    m*

    ResponderEliminar
  7. ¡Carballo! que cousa mais fermosa, co seu gorriño.
    Espero que todo vaia ben.
    Espero que o Leo no teña ciumes.
    Espero,(carajo que vello vou) que a nai dos dous nenos, teña os mimos que as parideiras queren.
    E ti, paideleo, non comas as galiñas que os veciños te leven, farante mais vello.
    ¡Un feixe de apertas para os catro, e que sexa verdade eso de que os nenos cando nacen traen un pan debaixo do brazo.
    Perdón polo alargo.

    ResponderEliminar
  8. Noraboa, compañeiro. Nunca un San Xoan trouxo nada tan bo. Un bico moi grande para todos e en especial para a nai

    ResponderEliminar
  9. Noraboa, é unha nena moi fermosa, parécese a Leo.
    Bicos para todos.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns para os tres, pero en especial para Naideleo, que ha de recibir tamén unha libra de chocolate para acompañar ese regaliño que trouxo o SanXoán.
    Cóidaos moito e cóidate ti tamén.
    Xa me tarda collela no colo!

    ResponderEliminar
  11. Hai que ver que boa noite para nacer escolleu Xela, apertas e parabéns para toda a familia dende a Selva.

    ResponderEliminar
  12. Um grande abraço aos papás...
    Acertei que nasceria no fim de semana!!
    Iupiiiii....
    mais uma vez os meus parabéns... é linda!

    ResponderEliminar
  13. Parabéns para esa familia que tes e que acaba de medrar. Bicos porsuposto para a mamá que ben o merece e para o Leo que ha estar algo raro .

    ResponderEliminar
  14. Que teña toda a sorte do mundo e algunha máis. Sinto non terllo desexado antes, por problemas técnicos, pero aínda vale enviarlle a sorte a ela e os parabéns aos pais por tanta beleza e tanta ternura xuntas.
    Creo que todos consideramos a Xiana afillada do blogomillo.

    ResponderEliminar
  15. Acabo de quedar fatal: nonn sei por que se me meteu na cabeza que era outro o nome de Xela, cando é tan bonito e sonoro.
    As miñas desculpas, a Xela cando lea isto no futuro, e agora aos seus pais.

    ResponderEliminar
  16. Oh! Parabéns familia! Xa sodes un(ha) máis :))))
    Que cousa lindiña a vosa Xela, gozade co cambio de rutinas, coas vacacións e co verán con esta ledicia na casa.
    Un biquiño para a mamá, o papá, o irmán grande e a pequena

    ResponderEliminar
  17. Non puido buscar mellor noite para chegar a meniña Xela!
    Parabéns! E moitos bicos para a mamá e para Leo!

    ResponderEliminar
  18. A nena é preciosa, moitas felicidades para todos en especial para Leo que xa ten á súa irmá Xela (por certo, un nome moi bonito). Un abrazo moi grande para Ana unha nai moi valente e para ti Pedro desexarche moita saúde e sorte, xa tes unha familia máis grande e hai que seguir a loita diaria. Agora o blog ten moza nova, será unha gozada seguir a estes dous irmáns.
    Bicos para todos.

    ResponderEliminar
  19. Noraboa!
    non dou creto ó milagro do nacemento,
    sempre me deixa abraiada, perplexa, reconfortada dalgún xeito, reconciliada coa Vida. a Vida Eterna. E non me refiro á que nos recomenda ou amenaza a santa igrexa católicaapostólicayromana.

    ¿sabes que ese día pero de hai trinta anos esperaba eu o nacemento do meu fillo? pero retrasouse ate o 27. Onte. Houbo celebración. 30 é unha cifra redondo. E díxome: Te quiero mamá, como siempre te voy a querer.

    Muchas felicidades, esa personita linda y pequeñita, cuanta ternura...

    ResponderEliminar
  20. Chego algo a destempo pero con toda a ledicia para vos felicitar por tan estupenda nova. Moitas apertas para os catro.

    ResponderEliminar
  21. Noraboa!!! Estades a vivir unhos momentos intensos, cheos de ledicia! :)

    Esa pequena tan ben feitiña ha de recolmar a casa de moitas mais risas e intres maravillosos.

    Benvida Xela, leva un biquiño dende Ourense para ti e para a tua familia cheo de saude e felicidade.

    ResponderEliminar
  22. noraboa a todos e moitos biquiños pequechos para Xela...

    que cousiña mais bonita son os meniños pequenos.

    Aldabra,

    ResponderEliminar
  23. Noraboa a toda a familia por esta fermosa nena!!
    Pronto chegarán as miñas (sí, dúas) e espero que sexan tan tranquiliñas como parece Xela.

    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?