Páxinas

mércores, 22 de xuño de 2011

Na prórroga


A nena xogou todo o tempo do partido e agora está no final da prórroga.
Os ceos que está a perder teñen un azul húmido fermoso.


As uvas deste ano prometen.



E a ver se probamos este agosto os kiwiños por primeira vez.




A nena perde o fin de curso do Leo hoxe pero retrato para a posteridade as súas simpáticas listas da compra.


E non queda outra: seguimos á espera.

7 comentarios:

  1. Gustoume moito o de "llogures", e toda a lista demostra que o Leíño via por bo camiño.
    A ver cando chega a meniña, que xa me tarda... pero cada cousa ao seu tempo.
    De verdade escribiches o post ás 4 da mañá? Tes imsomnio ou é que estás de descanso?

    ResponderEliminar
  2. faise de rogar, está escollendo ben o día no que quere vír ó mundo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Empecei lendo: "A nena..."
    e me fixo o corazón "pum-pum" ¡xa naceu!
    ... pero non
    a "doce espera" irásevos convertindo en impaciencia :-)

    pasei por vilaguindastre! e lembreime de tí e do Leo, era domingo hora vermut e había ambiente festivo, demos unha pequena volta pola vila e mirei as parellas cun neno, pero ningún era o Leo, e ningunha muller vin embarazada de nove meses ;-)

    ResponderEliminar
  4. Vai ser este fim de semana!!!

    ResponderEliminar
  5. Leo xa está preparado para cuidar á súa irmá, sabe facer a lista da compra.
    Agora que xa está preto da meta, espero que a nena se decida pronto, aínda que só sexa para descargar a nai.

    bicos

    ResponderEliminar
  6. Ben. Seguiremos agardando pola nena, mentres confeccionamos con Leo a lista da compra...
    Pensaba que tal vez Leo puidese vir á miña escola e ser meu alumno. Promete...
    Pero creo que nos cae lonxe!
    Tranquilidade e paciente impaciencia!

    ResponderEliminar
  7. As prórrogas sempre poñen algo nerviosos a todos. Pero todo chega coa calma que ten que chegar. Unha aperta! (para Naideleo máis suaviña)

    ResponderEliminar

És humano ti ?