Páxinas

sábado, 9 de xullo de 2011

Graciñas



Queremos agradecer a todos os vosos comentarios de felicitacións.

Tamén quero dicir que o blogo non cambia de nome nin nada en especial porque segue sendo Leo " e os seus ". Cambiarei agora a descrición da imaxe e pouco máis.

E por aquí seguimos medrando todos anque non o percibamos. Xela supoño que medrará co impo ou faluco que ten ás veces e o que dorme que iso é medrío, seica.

Un saúdo e graciñas outra vez.

6 comentarios:

  1. Parece que non chora moito a meniña, e que é durmiñona. Ánimo cos cueiros e as tomas, e a deixala medrar.

    ResponderEliminar
  2. Pois... já estava á espera!
    Agora há mais um elemento na família!

    ResponderEliminar
  3. F. Míguez11/07/11, 06:39

    Carafio, uns días sen pasar por aquí e... ¡cantas novidades!
    ¡Parabéns á familia do Leo!

    ResponderEliminar
  4. E o tempo pasa... Moitos parabéns dun amigo da rede.
    Agora toca voltar a empezar cos cueiros e todo o que conleva criar unha criatura. Moi fermoso.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. pois xa pensara eu niso do nome, e as miñas dubidas non ían sobre Leoeosseus, se non sobre "Paideleo", que inda que o sigues sendo jajaja, vanche vir as da equipa da igualdade!

    lembrachesme o conto aquel do pai o fillo e o burro, non sei polo que

    un gusto ver como medra a familia e o blog!

    ResponderEliminar

És humano ti ?