Páxinas

domingo, 21 de agosto de 2011

Castelos, praias e máis


Nesta semana puidemos visitar o castelo de Soutomaior. A Leo encantoulle ( así dixo ) e só tivo medo dalgunhas alturas e do manequín do calabozo.



Tamén fomos a unha praia onde eu era o máis peludo anque non crea que eu mereza un puaaajj !! como o que merece Patricio.




O avó Ricardo fixo oitenta e catro anos anque anda un pouco pachucho e sen muita fame.







Por fin probamos os kiwiños que saben a kiwi cen por cen anque teña un tamaño da décima parte dun kiwi.







E rematou a semana con treboada que aínda se sente ao lonxe.

9 comentarios:

  1. Xa vexo que estades a pasalo moi ben.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Unha semana moi completiña, sí, señor.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Bom para o Leo o encontro com a cultura. De pequenino se forma o individuo.
    Não conhecia esse fruto.
    Abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  4. E é assim o tempo de férias!

    Também já acabei as minhas!

    ResponderEliminar
  5. e despois desta sequedade, que ben vén esta choiva!
    todo alegrías no post, incluída a foto da nena, que se ve moi feliz

    os kiwis parecen do país ese de Gulliver.

    ResponderEliminar
  6. Non sabía da existencia deses kiwiños, a ver se chegan por aquí.
    O dos pelos de Patricio deixoume coa boca aberta e os sovacos apertados, eu non son moi peludo, pero por se acaso.

    ResponderEliminar
  7. non sabía eu dos kiwiños... pero agora xa o sei.

    sinto o do avó Ricardo, pero e que 84 anos xa son anos para ter achaques así que é o normal; esperar que non sexa nada.

    e dos teus peques que decirche?, non me extrana que digas: "creo que son feliz"

    biquiños,

    ResponderEliminar
  8. Eu estiven no castelo hai unha morea de anos porque unha tía avoa miña era a ama de chaves. Causárame moita impresión o grosor das paredes.

    ResponderEliminar
  9. O Leo case me pasa desapercibido no castelo. E non é que él sexa demasiado pequeno: e que o castelo...menudo mangallón!
    Apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?