Páxinas

sábado, 27 de agosto de 2011

Cincuenta e nove meses


" Eu xa non fago meses que teño anos. Xela fai meses !. " Así dime hoxe Leo e vou rematar a conta en meses da súa vida neste blogo. Agora será a conta de meses de Xela en números ordinais cada día vintecatro, a ser posible. Isto non quere dicir que deixe de falar de Leo nin muito menos; só que agora non porei un día ao mes " forzado " para falar del como facía cada vintesete.
E nada, aquí está o artista retratado hoxe. Medrou un montón en todo ou será que o comparamos coa irmá ?. Gústalle xogar só montando historias con calquera cousa e non deixa atrás letras e números. Segue sendo de trato reservado coa xente os primeiros minutos e logo xa non hai forma de paralo co que fala. De feito fala cada vez máis e millor español e no galego mete algunhas cousas extrañas como verbos compostos, " lleísmos " e máis e máis vocabulario castelán. Confunde o son " r " simple co composto, solta bastantes " g "no canto de " b " ( groma, négoa, güena, etc ) e segue dicindo " nesito " , " nesesitamos ", " creocuparse " e " masiado ".

9 comentarios:

  1. Ora bem. Pois já que está um homenzinho não se trate como bebé.
    Um abraço amigo e parabéns por essa linda família.

    ResponderEliminar
  2. Ten razón, xa non é un bebe. E ó lado de Xela é un home,jejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. ao leo fixémolo maior en canto naceu a irmanciña...
    pero é certo que xa non é un bebé, é un neno! cambiou de status,
    e isto que fixeches hoxe... isto de darlle a graduación... é un paso que terás que dar con el outras veces máis na vida... sempre hai un pouco de pena mesturada con alegría nestes casos, verdade paideleo????

    ResponderEliminar
  4. Tendo en conta que Leo é un mozo que vai cumprir pronto os 5 anos, hai que ir pensando en que se vai facer maior axiña, pasará a Primaria... e non só porque Xela acabe de aparecer. As crianzas fanse grandes de repente. Que pronuncien mellor ou peor, tanto ten, o caso é que escoiten, entendan e se fagan entender. O tempo fai o resto do traballo.

    Que me alegro moito por todos e todas vos. Pois iso.
    Moita sorte con el. E con ela. Nos tempos que corren, ben cómpre!

    ResponderEliminar
  5. É assim mesmo...uma bela resposta!

    PS - Chãs de Égua fica na região centro, mesmo junto à aldeia do Piódão que encontras em qualquer roteiro turístico.
    Um abraço.

    ResponderEliminar
  6. Ten toda a razón o Leo. El agora xa non ten cumplemeses; así que fas moi ben en corrixir a leria.
    Apertas

    ResponderEliminar
  7. Ten razón o Leo, que agora xa é grande e ten cumpreanos, non cumpremeses. Tempo haberá para seguir contando as súas cousas polo medio dos cumpremeses de Xela.
    Que sigan así de ben os dous!

    ResponderEliminar
  8. Ai, pois eu agradezo o cambio no cómputo, porque son moi malo contando en meses (e no demais), así que algunha vez tiven que botar man da calculadora para saber a idade do Leo.
    É normal a reacción del, pobre, para reafirmarse frente á irmá: agora el é xa un homiño.

    ResponderEliminar
  9. Qué listiños che son... jaja

    Saúdos!

    ResponderEliminar

És humano ti ?