Páxinas

xoves, 25 de agosto de 2011

Segundo mes ( e un día )



Aquí está Xela onte. Tocoulle a revisión dos dous meses e levou catro xeringazos para vacinala. Chorou coma nunca con ese tremor de queixo característico seu e, despóis do consolo da teta, durmiu muito tempo.

A nena está mui ben. Engordou case dous quilos dende o seu nacemento e agora non se pode deixar soa na cama grande que, dando cuadas, vaise desprazando e pode caír da cama.

Pórtase ben e apenas chora. Cando ten fame empeza a chupar a man dereita e só despóis de bastante tempo empeza a chorar. Protesta un pouco tamén cando quere durmir ( máis que cando quere comer ) e vai levando bastante ben os gases porque arrota e obra bastante.

Gústalle ver e sorrir para a lámpada do salón ou a Soa, a moneca que leva no cochiño; e fálalles botando gorgoriños.

E xa van dous meses !.

10 comentarios:

  1. Xa chegaron as vacinas e os choros no pediatra, vaia, pero a meniña engorda e iso é magnífico. A miña os primeiros anos estivo sempre por baixo dos percentís e xa non sabíamos que facerlle. Íamos ao médico co corazón encollido. A min ás veces tentábame poñer ás agachadas o dedo na báscula para facer trampa e subirlle un cuarto ou medio kilo.
    Se come, dorme e é curiosa (e tan bonita ademais) poden estar traquilos.

    ResponderEliminar
  2. Xela está feita unha mociña e é moi guapa, a min nesa foto paréceseme moito a Leo.
    Sobre a pregunta que me fas no teu comentario, pois si, aumentou a familia, Alicia naceu o día 11 deste mes e é miña neta tamén, curmán dos outros dous.
    Tamén se porta moi ben, xa engordou 300 gr dende que naceu e gústalle moito comer e durmir.
    Bicos para Leo e Xela.

    ResponderEliminar
  3. Dá gusto ver como medra esta mociña e vai comunicando o que sinte. Está preciosa. É unha grande ledicia que Leo se sinta cerca dela, pois co tempo chegarán a ser cómplices, seguramente, e iso non se sabe o que vale entre irmáns.
    Alégrome moito por vós e por el e ela.
    Por certo, dálle biquiños aos dous da miña parte.

    ResponderEliminar
  4. Como o tempo passa!!
    E está linda... e calminha!
    Que papá babdo me saíste... e fica-te muito bem.

    ResponderEliminar
  5. toda boas noticias e destilando felicidade.

    parabéns!

    ResponderEliminar
  6. É cousa miña ou estás volvendo babear como se foses principiante?
    Non me estraña, con esa parrochiña...
    Que siga igual de sá e bonita, igual que o Leo.

    ResponderEliminar
  7. É um regalo para os olhos, benza-a Deus.
    Que continue crescendo sem problemas são os meus votos.
    Abraço para os quatro.
    Bom fim de semana

    ResponderEliminar
  8. Está preciosa! Alédome de que todo vaia ben.
    E o Leo, arriba, está estupendo. Non me estraña que proteste porque cumpre anos e non meses. É todo un mozote!

    ResponderEliminar
  9. Eu sempre dixen que, co avanzadísima que está a ciencia, parece mentira que siga sendo necesario espetarlles un fero no seu corpiño para administrarlles algo tan sinxelo como unha mediciña preventiva. Eu tamén tremei cando lin o posteo.

    ResponderEliminar
  10. As nenas sempre somos dos papás, está claro! Preciosa meniña.

    ResponderEliminar

És humano ti ?